Inicio O Morrazo Bueu Bueu remata as obras de mellora integral do lavadoiro e da fonte...

Bueu remata as obras de mellora integral do lavadoiro e da fonte do ‘Lago Mansiño’

Bueu remata as obras de mellora integral do lavadoiro e da fonte do ‘Lago Mansiño’As obras neste espazo, situado na parroquia de Beluso, incluíron a reparación dos muros perimetrais que levaban anos derrubados e o encintado

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, visitaron este mércores a fonte e o lavadoiro do Lago Mansiño, situado no lugar de Montemogos, na parroquia de Beluso. O Concello vén de culminar unha actuación integral de mellora deste espazo, que incluíu a reparación dos muros perimetrais que levaban varios anos derrubados e o encintado da fonte e do lavadoiro, e cumpre cunha vella demanda da veciñanza do lugar.

Estas obras foron levadas a cabo polo persoal de cantería e albanelería contratado no marco do Plan de Emprego da Deputación Provincial de Pontevedra, e o obxectivo do goberno local é continuar con esta liña de recuperación e mantemento do patrimonio destes lugares. Por iso, o rexedor tamén aproveitou a visita deste mércores para trasladarse á zona de Xexide, onde se repararán o lavadoiro e a fonte, e ao de Portas, no vial que vai do Outeiro á Barraca.

Juncal salienta que “debemos revalorizar as fontes e lavadoiros como lugares de socialización e de mantemento das nosas tradicións”. Neste senso, destaca que esta liña de traballo xa arrancou o pasado ano coa rehabilitación integral dos lavadoiros do Mieliño, A Graña e o situado no barrio da Banda do Río.

Bueu remata as obras de mellora integral do lavadoiro e da fonte do ‘Lago Mansiño’
Fonte e lavadoiro do Lago Mansiño

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies