·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoBueuBueu presenta "Xogaldade" un xogo da igualdade destinado aos centros educativos do...

Bueu presenta “Xogaldade” un xogo da igualdade destinado aos centros educativos do municipio

Bueu presenta Xogaldade un xogo da igualdade destinado aos centros educativos do municipioEste venres, o salón de plenos do Concello de Bueu acolleu o acto de presentación deste xogo que se distribuirá aos colexios para o traballo co alumnado

O Concello de Bueu, a través da concellaría de igualdade, elaborou un xogo da igualdade destinado aos centros educativos da vila. Esta iniciativa insírese na liña de colaboración establecida coa comunidade educativa porque, tal e como salientou Ana Isabel Otero, concelleira de igualdade, na rolda de prensa celebrada este venres, “as novas xeracións son o presente e o futuro e por iso propoñemos proxectos que traten a igualdade e que fomenten a reflexión”. Así, este xogo da igualdade, que foi deseñado pola empresa Andamiaxe con cargo aos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero do ano 2020, concíbese coma un xogo de mesa “lúdico, ameno e divertido” no cal as persoas participantes deben tratar de adiviñar unha serie de preguntas sobre conceptos básicos de igualdade de xénero, co fin de erradicar o sexismo na sociedade e previr as violencias machistas.

Bueu presenta Xogaldade un xogo da igualdade destinado aos centros educativos do municipio

Deste xogo editáronse quince copias, das que se entregaron dúas a cada un dos centros educativos da vila, tanto de primaria (CEIP A Pedra, CEIP Torre Cela, CEIP Montemogos de Beluso, CPR Virxe Milagrosa) como de secundaria (IES Johán Carballeira e IES Illa de Ons). A través del difundiranse contidos básicos de xénero a través da teoría feminista, cuestións arredor da socialización e das identidades de xénero, a prevención da violencia de xénero, as alternativas coeducativas e a igualdade en Bueu. Félix Juncal, alcalde de Bueu, apuntou que “é unha ferramenta útil que permitirá incidir no futuro igualitario e feminista, e cambiar este presente e pasado negros”. Pola súa banda, Montserrat González, directora do Centro de Información ás Mulleres, fixo fincapé na liña de colaboración cos centros educativos, pois “é importante traballar a coeducación dende as idades máis temperás para previr a violencia de xénero”.

Así mesmo, dende a concellaría de igualdade xa están traballando na programación de cara ao 25 de novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas, e que este ano presentará unha campaña de cápsulas informativas que se difundirán nas redes sociais e da que se fixo un avance aos centros educativos, concretamente de dous vídeos sobre a eliminación do sexismo nos videoxogos e sobre o uso responsable das redes sociais.

“Xogaldade” 

O xogo está formado por 5 bloques, con 10 preguntas por cada bloque. As promotoras desta iniciativa, indican que a idea e seguir ampliamdo os contidos.

BLOQUES:

1.- A igualdade a pé de rúa

2.- Abrindo os ollos ó sexísmo

3.-Afastando a violencia de xénero

4.- Comprométeste

5.- A igualdade na nosa vila

Bueu presenta Xogaldade un xogo da igualdade destinado aos centros educativos do municipio

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies