spot_img
InicioO MorrazoBueuBueu organiza en agosto o ciclo de conferencias "O mar por diante"

Bueu organiza en agosto o ciclo de conferencias “O mar por diante”

No peirao de Bueu as nasas esperan a retomar a súa actividade na procura do polbo
Nasas no peirao do porto de Beluso

As charlas terán lugar na Sala Multiusos do Centro Social do Mar ás 20.30 horas, e requírese inscrición previa a través da páxina web municipal

O Concello de Bueu organiza o ciclo de conferencias ‘O mar por diante’, que se celebrará do 3 ao 11 de agosto na Sala Multiusos do Centro Social do Mar e que busca poñer en valor a historia da vila e recuperar as súas voces culturais e literarias ao longo do tempo. Este proxecto, que naceu xa hai catro anos, comezará o 3 de agosto cunha conferencia a cargo do historiador local Arturo Sánchez, que explicará a relación da familia Riobó coa Illa de Ons.

O 5 de agosto, os escritores e escritoras locais Xaime Toxo, Miriam Ferradáns, Lucía Novas, Antón Mosteiro e Marta Currás dialogarán sobre a literatura e o territorio, nunha mesa redonda que será conducida polo tamén escritor e profesor local Salvador Castro, e na que debullarán as claves da creación e o papel de Bueu na súa literatura.

O 7 de agosto, as persoas que o desexen poderán gozar da ruta cultural “Pegadas do territorio”, que sairá ás 10 horas dende a praia de Pescadoira e chegará ao areal de Beluso ás 13 horas. Precisamente, durante o percorrido lembraranse as figuras de Johán Carballeira, Gonzalo Torrente Ballester e outros escritores que viviron ou estiveron vinculados a estes espazos.

Continuará o programa o 10 de agosto coa conferencia de Francisco Rodríguez Pastoriza titulada “Gonzalo Torrente Ballester. Os anos da Falange”, e xa o 11 Xoan Carmona pechará o ciclo cunha panorámica sobre a conserva en Bueu e os seus protagonistas.

Todas as conferencias terán lugar ás 20.30 horas e as persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente cubrindo un formulario dende a páxina web www.concellodebueu.gal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.