spot_img
InicioO MorrazoBueuBueu celebra este domingo a XXVII Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras

Bueu celebra este domingo a XXVII Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras

Bueu celebra este domingo a XXVII Bandeira Concello de Bueu de TraiñeirasA saída terá lugar ás 17.00 h dende o peirao da vila e participarán os dez clubs da Liga Galega de Traiñeiras A

Revista COUSAS DE nº14

O peirao de Bueu dará a saída este domingo, 24 de xullo, a partir das 17 horas, á XXVII Bandeira Concello de Bueu de Traiñeiras, organizada polo Concello de Bueu e o Club do Mar de Bueu- Teccarsa. A competición desenvolverase nun campo clásico, de 4 longos e 3 viradas por babor, completándose un percorrido regulamentado de 5556 metros, con saída dende o porto ata as praias de Agrelo – Portomaior, e con moita presenza no espigón para que poida verse polo maior número de persoas.

Este venres tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello a presentación do evento da man de Félix Juncal, alcalde da vila, Ricardo Verde, concelleiro de deportes, Manuel Juncal e Alberto Chapela, da directiva do Club do Mar Bueu – Teccarsa, Jonatan Fernández, xestor da Asociación Liga Noroeste (LGT), e Daniel Benavides, xefe so servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia.

O Club do Mar Bueu – Teccarsa enfróntase a este campionato, que forma parte da Liga Galega de Traiñeiras A, sendo un dos claros favoritos coa traiñeira “Maruxía”, nun evento que se vivirá con moita emoción, dado que o club celebra este ano tamén o corenta aniversario da súa fundación. Para esta ocasión, e segundo salientaron dende a directiva, estrearán un logo conmemorativo, unha bandeira e tamén a vestimenta dos remeiros. A iso engádese o vídeo promocional da proba que conta con música das Tanxugueiras e que se pode ver xa dende esta semana nas súas redes sociais Instagram e Facebook.

Félix Juncal, agradeceu o inxente e continuado traballo do club, “que sempre está afrontando novos retos e aspirando a máis”. Nisto incidiu tamén Daniel Benavides, dende a Xunta de Galicia, quen destacou que “a directiva demostra sempre un estreito compromiso e bo facer, o que nos leva a crer que hai canteira”.

A regata de Bueu, que será transmitida en directo dende a canle autonómica da TVG2, simboliza o ecuador da liga de traiñeiras, e “auguramos unha competición moi disputada, como toda esta tempada, no que veremos un gran espectáculo”, apuntou Jonatan Fernández, dende a Liga Galega.

- Publicidade -spot_img