spot_img
InicioO MorrazoBueuBueu acometerá a ampliación da senda do río Bispo e o axardinamento...

Bueu acometerá a ampliación da senda do río Bispo e o axardinamento do antigo cemiterio

Bueu acometerá a ampliación da senda do río Bispo e o axardinamento do antigo cemiterioO Concello de Bueu acometerá próximamente a ampliación da senda do río Bispo e o axardinamento do antigo cemiterio

Félix Juncal, alcalde de Bueu, e algúns concelleiros e concelleiras do grupo de goberno, mantiveron este martes pola tarde unha reunión coa veciñanza do lugar do Valado para presentar os proxectos que se van acometer proximamente na zona, como son a ampliación da senda do río Bispo ou o axardinamento do antigo cemiterio.

Á cita acudiron unha vintena de persoas, ante as que o rexedor expuxo os detalles técnicos destes proxectos que levaban anos reivindicándose pero que “foi imposible levalos a cabo antes debido á complexidade dos procedementos administrativos e á consecución das autorizacións sectoriais pertinentes”.

A ampliación da senda rural do río Bispo vai ser unha das actuacións prioritarias do goberno na zona, e permitirá acondicionar máis dun quilómetro de camiño ata o lugar da Portela, dando continuidade así ao tramo urbano que se preparou hai uns anos. Para esta actuación, valorada en 40.000 €, o Concello solicitou unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, aínda que “en caso de non conseguila, realizarémola igualmente con fondos propios”. Entre os traballos previstos están a limpeza e preparación do camiño con xabre, e a colocación de paneis interpretativos e báculos de distancias. Como apuntou Juncal, “o obxectivo é revalorizar este espazo que se utilizaba como punto de reunión cando se lavaba a roupa e se mazaba o liño”.

Outro dos proxectos que se presentaron á veciñanza foi o do axardinamento do Cemiterio Vello (que foi clausurado en 1970), valorado en 135.000 € e que se enmarcará nas subvencións do Plan Concellos 2021 da Deputación de Pontevedra. A idea é transformar o espazo de 1.500 metros cadrados nun xardín de uso público, co que se daría un tratamento integral a unha zona abandonada e insalubre e se revalorizaría o patrimonio, como o hórreo de Massó, ademais de habilitar un miradoiro. A maiores, o proxecto contempla a colocación de bancos, rede de saneamento, alumeado, recollida de augas pluviais e sistema de rego.

- Publicidade -spot_img