spot_img
InicioBaixo MiñoBoa actuación dos remeiros do Club de Remo do Miño-Seta en Ferrol

Boa actuación dos remeiros do Club de Remo do Miño-Seta en Ferrol

Remo-Tui

Balance positivo para os remeiros do Club Remo do Miño-Seta no campionato galego de remoergometro celebrado no estadio multiusos da Malata de Ferrol.

Unha medalla de Ouro para a máxima categoría masculina conseguida por Óscar Alonso e unha de bronce na categoría Xuvenil feminina, que veu da man de Paula Prada.

A xornada empezou na categoría Alevin onde Lara Oliveira que debutou na competición, fíxoo de sobresaliente, xa que conseguiu unha cuarta posición que sabe a medalla. Cangas, Cedeira e San Felipe foron os que precederon á nosa remeira na competición, onde eran 45 deportistas nesta proba..

A seguinte na competición foi Martina juncal outra Alevin de “Raza” que tamén empezou o curso de verán no mes de agosto, e xa se está relacionando coas mellores desta categoría, quedando nunha meritoria oitava posición de 45 remeiras.

Xa na categoría infantil feminina, Marta González quedou de 17 de 50 participantes. Ben por Marta que competiu coma se xa leva moitos anos nisto.

En cadete masculino, gran debut de Lois Pérez, que conseguiu estar de 29, de 93 deportistas, facendo un excelente campionato. O seu compañeiro Ayoub saio, debutou neste campionato tamén e quedo de 93.

En Cadete Feminino, Carlota González e María Maidana foron as representantes do club na categoría cadete feminino. Carlota conseguiría un cuarto posto nesa categoría que tamén sabe a moito, xa que se estivo relacionando coas medallas ata a última palada. María Maidana conseguiría un meritorio 12 posición onde a participación foi de 57 deportistas.

En xuvenil feminino, Paula Prada conseguiu a medalla de bronce nesta categoría, pelexando pola prata ata os metros finais nunha bonita competición, onde os participantes eran 32. Ana González nun fantástico 19 posto, e María Martínez de 30. Estas dúas ultimas remeiras empezaron a remar en setembro, polo que este campionato foi para coller experiencia na competición, polo cal estamos moi contentas con elas de como responderon

En xuvenil masculino, Gabriel Oliveira 24, Ayoub Bacha 34, Yassin saadna 35, Pablo Rodríguez 38, e Salaheddin Chertide 41. Todos xuvenís debutantes neste campionato.

E por último Óscar Alonso, que volveu proclamarse outro ano campión de Galicia nun man a man co remeiro de Marín Martin Hermelo que quedaría segundo e Joaquín Montero remeiro que competiu na clasificatoria Olímpica e que quedou en terceira posición.

Finalizado o campionato galego individual, realizáronse os campionatos de substitucións, que dan un ambiente magnífico ao pavillón, espertando o que está aparvado ou case durmido, despois de moitas horas pasadas no pavillón.

As remeiras do club, fixeron un equipo con dous cadetes e dous xuvenís, alcanzando nesta proba a medalla de prata. Falamos da categoría xuvenil feminino. Grandes estas mozas, está tripulación estaba formada por Carlota González, María Maidana, Ana González e Paula Prada

- Publicidade -spot_img