spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona xa espera ao Juan Sebastián de Elcano

Baiona xa espera ao Juan Sebastián de Elcano

O buque escola Juan Sebastián de Elcano fondeará na Bahia de BaionaO Buque Escola da Armada Española, Juan Sebastián De Elcano, mostrará a súa maxestosidade na Baía de Baiona o vindeiro luns 11 de xullo

Revista COUSAS DE nº14

O Monte Real Club de Yates de Baiona, albergou a rolda de prensa de presentación da próxima visita do Buque Escola da Armada Española, Juan Sebastián de Elcano, na Baía de Baiona, prevista para e luns 11 de xullo, nunha xornada na que o Concello de Baiona, en colaboración co Monte Real, teñen programados diversos actos de Homenaxe á Armada Española, con motivo da celebración do V Centenario da Primeira Circunnavegación á Terra.

Na devandita presentación, interviñeron, José Luís Álvarez, presidente de Monte Real, Antonio Couce-Comandante Naval de Vigo e o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, quen facilitou a información respecto a a arribada do Juan Sebastián de Elcano será facilitada o vindeiro martes 5 de xullo.

Baiona xa espera ao Juan Sebastián de Elcano

“Desde o Concello de Baiona convidamos á veciñanza a que acompañen desde as súas embarcacións ao buque na súa saída. A aqueles que non dispoñen de embarcación, a que se acheguen aos distintos miradoiros que ten a localidade para gozar da maxestosidade de Elcano na nosa Baía. Ás seis da tarde, o Juan Sebastián de Elcano comezará coas manobras de partida, izando aparellos que causará unha gran sensación aos seguidores que se acheguen á Baía de Baiona para gozar desta oportunidade única”, destaca o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado. En palabras do rexedor: “Unha Xornada histórica a que se vivirá o vindeiro luns día 11 de xullo na Vila de Baiona a Real, coa visita do buque insignia da Armada Española, o Juan Sebastián de Elcano, que tras os seus 95 anos de historia recalaba por segunda vez na nosa vila”.

Desde o Concello de Baiona solicítase ás embarcacións que ese día pretendan navegar pola baía ou achegarse ao buque que garden as distancias de seguridade de navegación e achegamento pertinentes para que, xunto á colaboración cidadá, pódese levar o operativo a bo termo.

- Publicidade -spot_img