No Salón de Plenos do Concello de Baiona presentóuse a 2ª etapa de ‘La Vuelta 2016’ que este ano ten a súa meta na Real Vila
No acto de presentación participaron o Director Deportivo de La Vuelta e ex ciclista, Fernando Escartín, o director xeral de La Vuelta, Javier Guillén, o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, e o alcalde, Ángel Rodal.
Fernando Escartin, explicou que “este ano apostamos por unha chegada ao sprint e esperamos que sexa unha etapa espectacular, en xeral, tamén pola paisaxe polo que discorre”.
Pola súa banda o Javier Guillén, agradeceu a participación de Baiona un ano máis e o importante que é contar con ‘aliados’, para que todo resulte ben. Destacou tamén, a importancia que ten para a poboación, pola repercusión económica, social e deportiva que supón un evento que como este será retransmitido a 190 paises dos cinco continentes e o retorno económico que leva, entre outras cousas porque como explicou, La Vuelta é como un pequeno pobo de case 3000 persoas que se vai movendo e sempre procuran hospedarse no mesmo lugar onde chegan.
Na súa intervención o alcalde quixo agradecer a todos os presentes a súa asistencia ao acto. Lembrou a recente declaración do Camiño pola Costa e estableceu algúns paralelismos entre a competición ciclista e a peregrinación pola vía Xacobea. Por exemplo, que ambas se fan por etapas, que os que participan nelas falan diferentes leguas e sobre todo que as dúas comparten sufrimento e unha gran ilusión.
Insistiu en pedir a colaboración de todos por “a repercusión económica, social e deportiva que supón un evento destas características para Baiona”. O Alcalde tivo unha mención especial para o ciclista falecido o pasado mes de marzo nun atropelo “O fin de etapa do 21 de Agosto dedicarémosllo a Ñito,”
Despois das intervencións se visionó un vídeo no que se recollían todos os traballos que se fixeron para promocionar a volta no ano 2013.
Unha representación do total de 100 nenos que percorrerán os últimos 2 ou 3 quilómetros do traxecto momentos antes da chegada a meta da carreira, acudiron ao acto e recibiron camisetas conmemorativas.
“La Vuelta 16 arriba a Baiona” é o lema elixido por Concello e ACEBA-asociación de empresarios e comerciantes de Baiona-, para animar a veciños e visitantes a saír á rúa para recibir aos ciclistas.
Para saber mais: La Vuelta Ciclista a España 2016





