spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona rende homenaxe a José Gil o pioneiro do cinema Galego

Baiona rende homenaxe a José Gil o pioneiro do cinema Galego

Baiona rende homenaxe a José Gil o pioneiro do cinema GalegoBaiona acoelle o venres 28 e o sábado 29 de Abril, a xira ”JOSÉ GIL. PONTEVEDRA, PROVINCIA DE CINE, NA ORIXE DO CINEMA”.

Revista COUSAS DE Nº17

A presentación do libro biográfico “Nos días encantados de agosto”, de Manolo González (Ed. Galaxia), proxeccións, coloquios e encontros arredor de Gil, e a Sesión Vermú a cargo da Banda de Música Municipal de Baiona, forman parte do programa.

Hai máis de 100 anos, cando a arte chamada “sétima” comezaba a agromar en todo o mundo, sentando as bases da que pouco a pouco sería unha verdadeira revolución na nosa maneira de ollar o mundo, en Galicia un home dunha aldea da provincia de Pontevedra dedicou a súa intensa e tráxica vida a traballar por e para o cinema.

José Gil (Rubiós-As Neves, 1870-1937) foi fotógrafo, director, produtor, realizador e camarógrafo. Chegou a rodar 150 longametraxes, a dirixir o considerado primeiro filme de ficción do cinema galego, “Miss Ledya” (1916), e a consolidar a iniciática etapa da industria audiovisual en Galicia coa fundación das primeiras produtoras, todas elas radicadas a principios do século XX na provincia de Pontevedra.

Gil loitou sen descanso por aquela técnica artística que intuía habería de cambiar o mundo. E isto a pesar das trabas e dificultades, profesionais e de índole persoal.

Co proxecto JOSÉ GIL. PONTEVEDRA, PROVINCIA DE CINE, NA ORIXE DO CINEMA, buscamos colocar ao grande pioneiro do noso cinema no lugar que merece. Dalo a coñecer e poñer en valor a súa obra e importancia na historia do cinema galego a todos os veciños e veciñas de 30 vilas da provincia de Pontevedra coas que estivo vencellado durante a súa traxectoria vital e profesional.

O Concello de Baiona foi visitado en numerosas ocasións pola cámara de Gil, dende as reportaxes fotográficas para “Vida Gallega” ata a filmación en 1910 da “Visita de  periodistas ingleses”. Polas terras de Baiona filmou “Las romerías en Galicia”, “Costumbres y bailes gallegos” e “Marineros contemplando el rompeolas en la Concheira” durante o verán de 1911. A imaxe mítica da Virxe da Rocha co fondo do mar das Cies foi un plano socorrido en varios documentais como “Nuestras fiestas de allá” (1928), “Visita de los Reyes a Vigo” (1927) ou na bobina do Cinemóbil reclame nº 2.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.