spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta en Fitur o 525 aniversario da arribada da Carabela Pinta

Baiona presenta en Fitur o 525 aniversario da arribada da Carabela Pinta

baiona-presenta-fitur-525-aniversario-da-arribada-da-carabela-pintaO alcalde de Baiona, Ángel Rodal, arroupado pola concelleira de Turismo, Beatriz González, e a directora Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou ao público asistente ao acto a importante efeméride que se celebrará na Real Vila durante o ano 2018: o 525 aniversario da chegada da Carabela Pinta a este porto.
O Concello está a traballar nunha programación de actividades que, durante 6 meses, promocionará este feito que pon en valor a importancia histórica da Vila: desde ciclos de conferencias, música, actividades náuticas, etc. E que terá como prato forte a celebración da 23ª edición da Festa que será os días 2,3 e 4 de Marzo deste ano.
Durante a presentación, que contou con gran afluencia de público asistente, proxectouse o vídeo promocional que será o eixo central da promoción desta edición da festa, declarada de Interese Turístico Internacional.
Entre os asistentes, ademais dos xa mencionados, atopábase o Delegado de Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, o Deputado Provincial de Turismo, Santos Héctor, o presidente de Aceba, Marcos Comesaña, o director do Parador de Baiona, Francisco Plaza, representantes das Vilas Mariñeiras, así como diversos restauradores e hostaleiros de Baiona. Tamén estiveron visitantes ilustres da Vila fincados en Madrid, como a actriz María Castro, o compositor Xullo Mengod, que teñen a súa segunda residencia en Baiona e o fillo do historiador e xurista xa falecido, Vicente Sierra Ponce de León, entre outros.
Durante os cinco días de duración da feira, a oferta turística de Baiona estará presente na caseta de Galicia, a través do material promocional facilitado polo Departamento de Turismo. Tanto o Alcalde como a Concelleira puideron apreciar, durante a súa estancia alí, o gran interese que esperta Baiona na capital de España.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.