spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta a súa Arribada máis cultural

Baiona presenta a súa Arribada máis cultural

baiona-presenta-a-sua-arribada-mais-culturalO municipio de Baiona acollerá a próxima fin de semana, 1,2 e 3 a celebración da 28 edición da Festa da Arribada da Carabela Pinta á Real Vila

Revista Cousas De Nº20

A presentación do a programación tivo lugar este xoves na Casa da Navegación de Baiona, á que asistiron a Concelleira de Festexos, Ruth Álvarez Gónzález, a Concelleira de Turismo, Sheila González Martíns, o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa, o presidente de Aceba, Marcos Comesaña Chamarro, a Xefa da zona Vigo-Sur de ABANACA, Ángela Rodrñiguez Miguenss o Xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Antonio Casas Calviño, , o Presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López Diéguez. e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña.

Na quenda de intervencións o rexedor destacou que “a Arribada é unha festa que non sería posible sen os veciñas e veciñas de Baiona”. O rexedor baionés fixo mención “á importancia de Baiona como porto de abrigo e lugar de acollida por parte da veciñanza. Precisamente unha gran acollida é co que se atoparán ese gran número de visitantes que esperamos a próxima fin de semana. Estamos a traballar para que a Arribada consolídese como un punto de partida importante da desestabilización do turismo en Baiona. Un turismo sostible”.

O Concello de Baiona quere nesta edición 2024 darlle máis importancia ao transfondo histórico desta importante efeméride, polo que o rigor histórico será o fío condutor da festa, así a Real Villa inicia a súa viaxe para revivir un dos momentos históricos que marcaron non só a súa propia historia senón o devir do mundo occidental: a Arribada da Carabela Pinta de Martín Alonso Pinzón coas noticias do descubrimento do “novo mundo”.

O evento por excelencia de Baiona e unha das grandes festas do ano en Galicia chega con importantes novidades:

Recupéranse espazos como o xardín da biblioteca e os xardíns da Casa da Navegación de Baiona para acoller actividades. Precisamente os xardíns da biblioteca acollerán unha peza importante: a Maqueta da “Vila Vella e Monte Boi ” de Jose da Costa. Recreación da antiga vila de Baiona.

baiona-presenta-a-sua-arribada-mais-cultural

Volve a cetrería: Recupérase a cetrería porque é un dos emblemas da nosa festa, como doutras festas medievais. Na edición 2024 da Arribada: volverán os voitres, aguias e falcóns que protagonizan os espectáculos de cetrería. Gran espectáculo de Cetrería Montada a cargo de Aguias de Valporquero, onde falcóns e falcoeiros mostrarannos a arte milenaria da cetrería.

Recupéranse nesta edición as danzas medievais.

Realizaranse concertos de música antiga no Convento das Nais Dominicas: Cantigas do século XIII, XV e XVI a cargo do Trío Cámara do Grupo de Cámara da Unión Musical de Valladares. O sábado 2 de marzo ás 19:00h. Mentres que o domingo día 3 marzo ás 13:1ou haberá un concerto “María Pérez maenfestou. Cantigas de escarnio a María Balteira” a cargo do grupo Manseliña.

 

A Arribada 2024 tamén está enfocada a un público moi familiar con moitas actividades no Parque da Palma enfocadas para o goce dos máis pequenos da casa. A diversión infantil arribará a Baiona e converterase durante toda a fin de semana nun gran parque temático de lecer e aventura onde os nenos e nenas dispoñen de variadas propostas de entretemento: O parque de aventuras e atraccións medievais; o campamento de Adestramento de Cabaleiros;“Alameda dos Aprendices” con talleres infantís para os máis pequenos: cuñaxe de moedas, olería, tapices de época, escritura gótica, coiro, lacrado,bordados, gravados en madeira e ourivaría ; a Zona Ludopuzzle; o Campamento Militar Medieval; espectáculos de marionetas…son outras das animadas propostas.

Programa “A que xogas da Xunta de Galicia”:

O sábado 2 de marzo, durante 4 horas de forma itinerante este programa busca a concienciación dos mozos participantes acerca das substancias aditivas na que de forma virtual e mediante dinámicas como a diana trivial, o rasca e gana e as lentes, experimentan un simulación dos efectos nocivos das diferentes drogas que afectan hoxe en día a unha parte dos nosos mozos, concienciando e trantando d evitar caídas neste tipo de adiccións.

Introdúcese como novidade á zona gastro de Paseo Ribeira: a “Taberna de Pinzón” coas viandas gourmet da Arribaa onde se poderán degustar petiscos salgados.

Arribada Sostible:

Vai facer entrega gratuíta aos asistentes de cinceiros de peto de material reciclado e serigrafiado que se distribuirán no punto de informaciòn da festa e na oficina de turismo, co obxectivo de minimizar a xeración de residuos tratando de evitar que se tiren as cabichas ao chan e reducir o impactos ambiental. Vaise aumetar o número de contedores en diversas localizacións, tanto para aumentar a capacidade como para facilitar as correcta separacion das distintas fraccións de residuos. Reforzo importante da limpeza e servizos de urinarios máis confortables van directamente con conexión directa á rede de sanemaiento con garantía de uso sen problemas.

A Arribada 2024 tamén crece en número de postos, para dar cabida á alta demanda de solicitudes. Tramitáronse un total de 187 solicitudes de ocupación de vía pública:

– 64 postos Concello: venda artesanía, uicados na rúa Carabela Pinta e Ciudad de Vigo

– 75 postos propios de comida 26 e de artesaía 49 situados en cálea Marqués de Quinatanar, Praza Pedro de Castro, Carabela Pinta, Paseo Ribeira, e Santa Liberata.

– 31 postos establecementos da Vila que oucupan a facjhada do propio negocio – 17 Asociacións gremiais, praza Santa Liberta

– 5 Paradas Pobos Irmáns (Palos de la Frontera, Pornic, Vila do Bispo, Cuba e Baiona)

Aumento seguridade:

A Festa da Arribada 2024 contará cunha rede de cámaras de vídeo vixilancia para aumentar a seguridade durante a súa celebración para evitar roubos e resolver incidencias. Ampliación horario nocturno de ambulancias e protección civil pasta o desaloxo dos locais de lecer. Aumento significativo da Seguridade e os servizos médicos.

CONFERENCIAS

Aínda que o evento en si arrinca o 1 de marzo, recupéranse os ciclos de conferencias con temática vinculada co feito histórico na Casa da Navegación de Baiona:

O mércores 28 de febreiro ás 20:00h haberá un relatorio baixo o título “Martín Alonso Pinzón. O Mariño que adiantou a Colón”, a cargo da Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid Dª. María Jesús Sío. O xoves 29 á mesma hora será a quenda da Doutora en Historia da arte Dª. Carmen Manso Porto. Biblioteca da Real Academia de Historia que falará de: “ “A vila e o porto de Baiona no século XV”.

“Punto Lila”: Venres de 20:30 – 03:30h / Sábado de 20:30 – 03:30h. Á beira da Oficina de Turismo

Baiona, a través da concellería de igualdade volverá sensibilizar ao público da arribada en contra da violencia machista coa instalación dun punto violeta que contará cun equipo técnico experto en xénero e igualdade.

Cartelería e difusión 2024:

O Concello de Baiona volve á esencia cultural da Festa da Arriba cunha ilustración protagonizada pola Carabela Pinta e a Forteleza de Monterreal como cartelería de promoción da edición de 2024

O Concello de Baiona volve á esencia cultural da Festa da Arriba cunha ilustración protagonizada pola Carabela Pinta e a Fortaleza de Monterreal como cartelería de promoción da edición de 2024

Tamén se puxo en marcha unha nova forma de difusión da Arribada: As imaxes da Festa de Interese Turístico Internacional e a cartelería estarán durante todo este mes en 40 das oficinas de maior afluencia de correos de Madrid, de Castela e León e das principais cidades galegas.

- Publicidade -spot_img