spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona presenta a campaña “agresión off eu digo non a violencia sexual”

Baiona presenta a campaña “agresión off eu digo non a violencia sexual”

Baiona presenta a campaña “agresión off eu digo non a violencia sexual”

Nun salón de actos totalmente cheo do CPI Cova Terreña o Concello de Baiona presentou hoxe a campaña “agresión off eu digo non a violencia sexual” .

A campaña presentada pola concelleira de igualdade Carmen Paredes Cabral a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o alcalde de Baiona Angel Rodal Almuíña e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves e a directora do centro educativo Isabel Martínez Cabaleiro.

Acudiron ao acto membros a corporación municipal, asociacións de mulleres, entidades deportivas, empresarios e empresarias do municipio, Forzas e Corpos de Seguridade entre outros.

A campaña enmarca como unha liña de actuación da área de prevención no Pacto de Estado contra a violencia de xénero. É o resultado dun arduo traballo técnico e político cuxo obxectivo final é sensibilizar á cidadanía, especialmente á mocidade no rexeitamento cara ás manifestacións de violencia contra as mulleres, impulsando unha posición activa fronte ás condutas sexistas.

A idea principal é a de chegar de forma sinxela e accesible ás persoas máis novas e involucralas na necesidade de tomar conciencia na loita contra as agresións sexistas. Tales situacións prodúcense especialmente durante as festas, adoitan darse entre a poboación máis nova e son as violencias que máis desapercibidas pasan polo ambiente e o contexto en que se producen.

A campaña que se desenvolverá na celebración da Festa da Arribada inclúe:

Un punto informativo en materia de violencia de xénero que se situará na rúa Elduayen e que estará aberto ao público o venres 1 de marzo de 20:00 a 2:00 horas, o sábado 2 de marzo en horario de 20:00 a 3:00 horas e o domingo 3 de marzo 16:00 a 21:00 horas.

Neste punto informativo darase información a todas aquelas persoas que así o requiran sobre recursos para a violencia de xénero que será atendido por profesionais con formacion en igualdade e experiencia en prevención de violencia de xénero.

A campaña, inclúe ademais un servizo de 4 educadores/ as de rúa que informarán, distribuirán folletos e material promocional da mesma (pulseiras, imáns, mochilas, etc.) entre os máis novos durante a celebración da festa no mesmo horario.

Tamén se puxo a disposición dos corpos e forzas de seguridade do Estado e de protección civil un servizo de atención psicolóxica, para traballar coordinadamente ante calquera necesidade que poida xurdir.

Distribuiranse un total 1000 carteis da campaña:

Haberá un bloque con información xenérica e distribuída en todos os postos e negocios da vila; así tamén estes carteis estarán expostos en medios de transporte de acceso á vila (autobuses, taxis e barcos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.