spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona homenaxea aos mariños baioneses que participaron na primeira volta ao mundo

Baiona homenaxea aos mariños baioneses que participaron na primeira volta ao mundo

Baiona homenaxea aos mariños baioneses que participaron na primeira volta ao mundoO Concello de Baiona programou durante esta fin de semana pasada varios actos como homenaxe a Diego Carmona, Vasco Gómez Gallego, Vasco Gallego e Vasquito (fillo de Vasco Gallego)”, os mariños de Baiona que navegaron con Magallanes e Elcano no 501 Aniversario da Primeira Circunnavegación á terra.

Revista COUSAS DE Nº18

Os actos centrais tiveron lugar este domingo, 10 de setembro, na confluencia das Rúas Vasco Gallego e Diego Carmona onde se descubriu unha placa conmemorativa en recordo destes catros mariños de Baiona. O Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar, estivo presente xuntos a outros membros da Corporación Municipal. O alcalde, Jesús Vázque Almuíña, ausentouse do acto ao estar en Sabarís #ante o grave incendio acontecido nos Viveiros desta parroquia de Baiona.

Baiona homenaxea aos mariños baioneses que participaron na primeira volta ao mundo

Acto seguido, sobre as 20:15h, a Igrexa de Santa María de Baiona acolleu o concerto “Pangea” de Abraham Cupeiro. Foron moitas as persoas que se achegaron ata o lugar para gozar deste peculiar recital.

Baiona homenaxea aos mariños baioneses que participaron na primeira volta ao mundo

Durante o concerto soou desde a austral Oceanía cos ecos das súas buguinas, ata as misteriosas montañas chinesas que o son do Hulusi debuxa cos seus melismáticas melodías: Grandes chairas de América do Norte, selvas como as de Sudamérica, a flaute Peule de Senegal, a Gaita Búlgara, a desafiante Zurna e as milenarias cornas de pastor, coserán o vestido que unirá unha vez máis á nosa terra. PANGEA é un canto á diversidade cultural do noso planeta. Estreada en 2018, foi gravada coa Royal Philarmónica de Londres no estudos Abbey Road baixo o selo de Warner Classics.

Os actos comezaron xa o venres 8 de setembro, o Monte Real Club de Iates de Baiona acolleu unha conferencia baixo o título “Unha odisea para lembrar, un mundo para explorar e unha poboación para esquecer: Encontros e desencontros na primeira viaxe a América”. A profesora titular do Departamento de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela, Begoña Fernández Rodríguez, foi a encargada de ofrecer estaponencia. O sábado día 9 de setembro, no mesmo emprazamento, o Doutor en Historia Moderna e escritor José Calvo Poyato, conversou de “A primeira volta ao mundo de Juan Sebastián Elcano e as súas relacións con Galicia”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.