168 deportistas participaron en Nigrán no primeiro trail de relevos exclusivamente feminino que se celebra en España
A iniciativa parte da asociación Asaltamontes, fundada pola atleta Aroa Sío e Arantxa Pérez de Lis, e o obxectivo é motivar a máis mulleres a que practiquen este deporte todavía moi minoritario entre elas
“Un ambiente único nun paraxe único, dende as 8 da mañan centos de deportistas disfrutaron dunha carreira que mixtura deporte, solidariedade, compañerismo, natureza e saúde. O tempo respetou este gran evento que, sen lugar a dúbidas, repetiremos nos próximos anos”, explica o alcalde, Juan González
“A contorna é marabillosa, o desnivel pequeno e non é unha carreira moi técnica, o obxectivo é que precisamente sexa un trail sinxelo que axude a que as mulleres lle perdan o medo a correr”, explica Arancha, quen recoñece que cando comezou, con 39 anos, este deporte a salvou dunha depresión. “Correr é saúde mental e física, pero moitas veces as mulleres non se atreven a saír soas ao monte ou non ven o momento, ou están centradas nos coidados familiares, por iso creamos Asaltamontes, para animarnos entre todas a correr en grupo. Quen o proba non o deixa”, garante.
Así, aínda que esta será a primeira carreira oficial que organizan, “as asaltamontes” que a través de whatsapp quedan para correr en lugares como Fragoselo, Saiáns, Coruxo, Redondela… Aínda que o grupo de idades é moi amplo (moitas acuden coas súas fillas) o común é que sexan mulleres de entre 30 e 50 anos que retoman esta afición da infancia ou adolescencia, como lle pasou á propia Aroa Sío (en cambio, Arancha non tiña practicado trail antes).
En Galicia, só o 10% do total de participantes nas competicións de trails son mulleres. A celebración en Nigrán desta proba exclusivamente feminina agárdase que contribúa a aumentar esta porcentaxe, ese é o obxectivo final.