spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán súmase un ano máis ao “Proxecto Móllate polos...

O Concello de Nigrán súmase un ano máis ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista Adega

O Concello de Nigrán súmase un ano máis ao “Proxecto Móllate polos Ríos” coordinado pola asociación ecoloxista AdegaO Concello de Nigrán súmase como cada ano ao “Proxecto Móllate polos Ríos”, coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión céntrase no tramo da desembocadura do río Muíños, na ‘XVI Limpeza Simultánea’ en municipios de toda Galicia.

Revista COUSAS DE Nº18

O Concello de Nigrán participa nesta xornada de concienciación ambiental dende o ano 2015 baixo a iniciativa do goberno local. Desde entón, grazas o labor de voluntarios, téñense retirado do esteiro de A Foz e o río Muíños máis de dúas tonelada de lixo, principalmente botellas de vidro e material de construción e pesca, pero tamén tixolas, paraugas, cadeiras, xoguetes…

A SAÍDA SERÁ O 24 DE SETEMBRO ÄS 11,30  DENDE A OFICINA DE TURISMO DE DUNAS DE GAIFAR E A  LIMPEZA LEVARASE A CABO NA DSEMBOCADURA DO RÍO MUÍÑOS. O PRAZO DE INSCRICIÓN ÁBRESE O LUNS 11  DE SETEMBRO EN REXISTRO DO CONCELLO OU ENVIANDO UN CORREO A oficinaturismo@nigran.org

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

“É un día de sensibilización e concienciación medioambiental no que se pon de manifesto a necesidade da correcta xestión dos residuos ao tempo que amosamos que as pequenas accións valen moito”, subliña o alcalde, Juan González.

A crecente sensibilización da cidadanía fronte á degradación ambiental ten levado a moitas persoas e entidades a organizar limpezas de río. Malia que xa case ninguén contempla o río como un vertedoiro, aínda queda moito lixo neles.

En ocasións, os refugallos tirados ao río non representan un perigo para o ecosistema, pero si supoñen un impacto visual negativo (papeis, plásticos, madeiras, etc.). Noutras ocasións, os materiais depositados poden supoñer unha fonte de contaminación, debido ás sustancias que as compoñen (pilas, aceites de coche, baterías, produtos fitosanitarios, etc.) ou ben porque poden provocar alteracións en certos organismos (vidro, chatarra, etc.).

RECOMENDACIÓNS LIMPEZA RÍOS

  • A limpeza será unha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social
  • Levade calzado e roupa resistentes.
  • Empregade luvas e calzado (botas, zapatos de deporte…) para evitar feridas: entre o lixo pode haber botellas de vidro rotas, chatarra, etc.
  • Recollede o lixo en bolsas grandes e resistentes, de tea ou de plástico.
  • Dividide o treito en anacos para traballar por zonas, e se sodes un grupo numeroso facede grupos de 2 ou 3 persoas por treito.
  • En caso de atopar aceites de coche e outros residuos líquidos, fai falla ir con moito coidado e non facer misturas de produtos.
  • Tentade separar os diferentes tipos de lixo para posteriormente depositalos nos contedores correspondentes e así favorecer a súa reciclaxe.
  • Nunca poñades en risco a vosa saúde: é máis importante a vosa vida que a do material a retirar.
  • Limpade o material empregado (botas, roupa, sachos…), especialmente se o ides empregar de novo noutro río, xa que podedes estar dispersando sementes de flora exótica invasora ou, no caso de anfibios, transmitindo enfermidades
  • O concello facilitará un sistema de transporte para recoller o lixo que almacenaremos nalgún lugar accesible para eles.
- Publicidade -spot_img