spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona garda un minuto de silencio con motivo do Día Internacional contra...

Baiona garda un minuto de silencio con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

baiona-garda-un-minuto-de-silencio-con-motivo-do-dia-internacional-contra-a-violencia-de-xenero

Baiona garda un minuto de silencio con motivo do Día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres e fai un lazo humano con globos brancos e flores en memoria das vítimas

Numerosos veciños de Baiona acudiron ao minuto de silencio convocado pola concellería de Igualdade do Concello de Baiona, á fronte de Mª Carmen Paredes Cabral, con motivo do Día Internacional para eliminar a violencia contra as mulleres. A praza do Concello acolleu o acto no que a Concelleira leu o manifesto en contra da violencia de xénero aprobado o pasado día 3 de novembro no pleno.

Durante o acto Paredes foi lendo cada un dos 40 nomes, idade e procedencia, das vítimas da violencia de xénero no noso país, á vez que daba lectura a concelleira a directora do CIM ía entregando a cada veciño ou veciña unha flor ou un globo branco por cada vítima. O obxectivo final foi realizar un lazo branco humano para mostrar así o rexeitamento da sociedade baionesa á violencia de xénero.

O acto terminou cando se soltaron ao aire os corenta globos brancos en memoria das vítimas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.