
Esta actuación revaloriza e promove o Camiño Portugués da Costa, que non deixa de crecer desde o seu asentamento no ano 2016 tras a aprobación da Lei do Patrimonio Cultural de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia.
Un Camiño que no 2018 percorrérono case 14.000 peregrinos,
A medida supón unha mellora na señalética, coa colocación de 12 fitos de pedra nos montes e nos puntos quilométricos, 16 cunchas de bronce no centro histórico, 59 cunchas de cerámica para o tramo restante e varios valos metálicos, quedando todo isto adaptado á normativa vixente.
Tamén supón unha mellora na protección e conservación deste tramo da ruta xacobea de 9,4 km., así como no impacto visual, sobre todo no centro histórico da vila.
Sen dúbida é unha medida que beneficia tanto aos peregrinos, que teñen menos probabilidade de extraviarse como a todos os veciños de Baiona.
Dende o Concello lembran que “o noso camiño ten un potencial tremendo e seguimos traballando desde o concello en potencialo e divulgalo.”



