O concello de Baiona puxo en marcha este pasado mes de xullo e agosto un novo servizo dentro do departamento da policía local denominado, PATRULLA AMBIENTAL.
Neste servizo interviñeron catro Auxiliares de policía os cales fixeron o patrullaje en bicicleta polas zonas de costa, prioritariamente o espazo comprendido entre Monte Boi- Ponte Romana, o horario no que levo a cabo o mesmo foi, en quenda de mañá de 10:30 á 14:30 horas e quenda de tarde de 17:30 á 21:30 horas.
As intervencións levadas a cabo no período de duración da PATRULLA AMBIENTAL foron as seguintes;
15 actuacións por convivencia cidadá
23 actuacións de pernota de auto caravanas,
56 actuacións de estacionamentos prohibidos
12 actuacións en espazos de especial protección ambiental e
32 actuacións de apoio ao servizo de vixilancia en praias.
Este novo servizo implantouse coa idea de transmitir e ter unha policía de proximidade, de apoio, de información e educación ao cidadán, a percepción da Alcaldía como do responsable da policía local os cales cren que Baiona ten as condicións oportunas para que o servizo funcione, en canto á aceptación do mesmo por parte da cidadanía de Baiona e os turistas que este ano visitaron a Vila Real é satisfactoria, logrando así o obxectivo para o que naceu esta iniciativa.



