spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona contará no verán cunha nova senda polo Camiño da Costa e...

Baiona contará no verán cunha nova senda polo Camiño da Costa e un miradoiro en Monte Alto na actual estrada provincial

baiona-contara-no-veran-cunha-nova-senda-polo-camino-da-costa-e-miradoiro-monte-alto-na-actual-estrada-provincialA presidenta da Deputación Pontevedra Carmela Silva, acompañada do deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, asinou hoxe co alcalde de Baiona, Ángel Rodal, o convenio de “Mellora da mobilidade peonil e da seguranza viaria na EP-2203 e na EP-2202 coincidentes no Camiño de Santiago pola Costa.

O Camiño a Santiago pola costa ao seu paso por Baiona contará este verán cunha nova senda dun quilómetro de lonxitude e 2,5 metros de ancho e un miradoiro no lugar de Monte Alto, que permitirá gozar do valor paisaxístico da zona. Así se anunciou hoxe na firma do convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona, na que estiveron presentes a presidenta Carmela Silva, o deputado de Mobilidade Uxío Benítez e o alcalde, Angel Rodal. Este acordo permitirá realizar unha actuación integral de seguridade viaria e mobilidade sustentable cun investimento de 381.022,32 euros, financiados nun 80% pola institución provincial e nun 20% polas arcas locais.

Uxío Benítez destacou que na actualidade as estradas provinciais EP-2202 e EP-2203, ao seu paso por Baiona, e que coinciden co Camiño de Santiago, teñen un deseño pensado exclusivamente para os vehículos, por iso apostouse por habilitar un espazo destinado a peóns e bicicletas. O ámbito de actuación terá limitada a velocidade dos coches a 30 quilómetros hora, e instalaranse reductores físicos de velocidade de vehículos para moderar o tráfico de maneira efectiva.

Por último, construirase un miradoiro no lugar de Monte Alto, onde se habilitarán uns bancos para poder gozar da paisaxe nunha cota de 100 metros sobre o mar con vistas á baía e ao cara sur das Illas Cíes. “Unha vez xa asinado o convenio, procederase de maneira inmediata á licitación das obras, que poderán iniciarse no verán se todos os trámites administrativos realízanse segundo as previsións”, afirmou o deputado. O prazo de execución das obras será de tres meses unha vez que a actuación estea adxudicada.

Na súa intervención a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recordou na sinatura do convenio que “nos anos 70, en épocas do desarrollismo, todo se pensaba en clave económico, en cantos rendementos económicos íamos recibir das accións que se desenvolvían, sen pensar no papel que xogan as persoas, na necesidade de construír espazos para que as persoas poidan desenvolver unha vida digna, unha vida na que o espazo non nos sexa arrebatado pola economía”. Ao respecto, Silva indicou que “cando chegamos á Deputación tiñamos moi claro a necesidade de impulsar un novo modelo en canto á mobilidade xa que o que estaba funcionando estaba centrado nos vehículos e no transporte, quitando calidade de vida ás persoas e impedindo outras oportunidades de desenvolvemento económico máis sostible e con capacidade de xerar recursos de calidade”.

O novo modelo de mobilidade que puxo en marcha o goberno de Carmela Silva parte da idea de que “o século XXI ten que ser o século da conectividade; o da seguridade nas infraestruturas de comunicación, xa que non podemos esquecer que a provincia de Pontevedra ten os maiores índices de sinistralidade en estradas; da mobilidade das persoas, para que poidan ocupar o espazo público algo que non está rifado co transporte; da accesibilidade universal, garantindo que as persoas con diversidade funcional e persoas maiores poidan moverse; e da sustentabilidade”.

Silva tamén felicitou ao deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, polo seu esforzo. “No caso concreto deste proxecto de Baredo, vai marcar un antes e un despois no tratamento das infraestruturas”. Tamén recordou Silva que por este espazo transitan as peregrinas e peregrinos que van cara Santiago e puxo en valor “o crecemento exponencial do Camiño Portugués e do Camiño Portugués pola Costa, que pasou das cero ás 10.000 persoas peregrinas que temos neste momento”. Ao respecto, a presidenta provincial recordou as potencialidades “espectaculares” do Camiño para as vilas e pobos polos que discorre xa que “nos proporciona crecemento económico e a atracción dun turismo desestacionalizado”.

Carmela Silva e Uxío Benitez, xunto cos representantes municipais que estiveron presentesn ao acto

Silva enxalzou, sobre o proxecto, “o marabilloso miradoiro, desde o que case se poden tocar as Illas Cíes”, así como “a creación dun espazo no que se vai poder mover a xente e se vai poder circular con tranquilidade ao longo de case un quilómetro de percorrido”. Así, a presidenta provincial destacou que “estamos ante un proxecto de excelencia, un proxecto de todos e todas para todos e todas, un proxecto para Baiona”. Deste xeito, Carmela Silva felicitou ao goberno local “por traballar cóbado con cóbado coa Deputación de Pontevedra para conseguir que este proxecto teña todas as garantías” e fixo tamén un recoñecemento “ás comunidades de montes que permitiron que este proxecto sexa unha realidade”.

Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, definiuse como o “alcalde dun paraíso” e subliñou que a nova senda defínese como unha “unión” tanto entre Portugal e Galiza a través do Camiño a Santiago pola Costa, como dos veciños das parroquias de Baiona a Baredo, que disporán dunha nova senda segura para comunicarse camiñando e en bicicleta. Rodal destacou que a nova infraestrutura tamén será utilizada polos usuarios do campo de fútbol e subliñou que terá moito atractivo turístico.

O rexedor lembrou que o proxecto xurdiu cando o Concello, sabedor do potencial da zona de Monte Alto polas súas vistas sobre a badía e as Illas Cíes, solicitou unha actuación de posta en valor do lugar á Deputación, xa que está situada na beira da estrada provincial. Rodal recoñeceu que foi o propio deputado de Mobilidade quen expuxo a posibilidade de ampliar o ámbito de actuación e incluír tamén a creación da senda para mellorar a mobilidade peonil, que en breve será unha realidade. “Esta non é unha senda menor. Ten moitas posibilidades e non fai falta nin vendela. Será unha zona que vai chamar a atención”, subliñou.

Ao acto tamén asistiron vecinos de Baredo, os cales puideron expoñer as dúbidas que tiñan sobre as obras e como lles podía afectar.

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.