spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona conmemora o 25N con actividades centradas na prevención da violencia de...

Baiona conmemora o 25N con actividades centradas na prevención da violencia de xénero

Baiona conmemora o 25N con actividades centradas na prevención da violencia de xéneroO Concello de Baiona centra a conmemoración do 25 de novembro na prevención da violencia de xénero, cunha serie de actividades na que participa o alumnado dos centros educativos municipais.

Co obxectivo de abordar a problemática da violencia de xénero entre os e as adolescentes do municipio, iniciouse o programa “RAP CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” o 17 de outubro no CPI Cova Terreña e no IES Primeiro de Marzo, que culminará o vindeiro luns 26 de novembro coa presentación da gravación dunha canción de RAP na que os e as participantes expresan as súas opinións achega do tema da violencia de xénero.

O 23 de novembro comeza o taller xestión das emocións a través do teatro no que as mulleres vítimas de violencia son colectivo prioritario de acceso ao mesmo e que ten como obxectivo dotar de ferramentas as as participantes para identificar emocións e diferentes maneiras de xestionalas.

O 27 e 29 de novembro terá lugar no ximnasio do CPI Cova Terreña en horario de tarde o curso de defensa persoal dirixido a mulleres co obxectivo de proporcionar ás asistentes uns coñecementos e habilidades básicas de defensa que lles permitan mellorar a súa seguridade persoal e ter un plan con medidas que lles axuden a previr a agresión, ou, se non fose posible, saír dela con máis garantías. Estes coñecementos están pensados para calquera imprevisto de carácter violento.

E o 27 de novembro iníciase o programa “Convive en Igualdade” no que participará o alumnado de cuarto curso de EP das centros educativos municipais a través do que se abordarán cuestións relacionadas coa convivencia positiva, coa xestión de emocións e coa construción das liberdades individuais, dos estereotipos de xénero e autoestima, presentando intervencións dinámicas que impliquen aos nenos e nenas. O programa inclúe unha unidade didáctica que será entregada ao profesorado dos distintos centros que participan no mesmo para que paralelamente traballen de maneira transversal o tema no seu quefacer diario; e implantarase ata marzo do 2019.

Ademais, tamén se repartirán carteis da campaña ” Fronte a violencia de xénero só cabe unha enche, sen ningún xénero de dúbida. Non”, promovida pola Xunta de Galicia, e iluminarase de morado durante o 23, 24 e 25 de novembro a fachada do consistorio e a Virxe da Roca.

Pola súa banda a concelleira de Igualdade, insiste, tal e como se recolle na Declaración Institucional do 25 de novembro, que foi acordada previamente co resto de grupos políticos e que espera que sexa aprobada por unanimidade neste próximo pleno na necesidade dun dobre compromiso político e social : Unha responsabilidade política que poña a disposición os instrumentos e recursos necesarios para alcanzar a igualdade, para traballar na prevención e na intervención a violencia de xénero e unha participación social que se implique conscientemente no cambio e nas relacións baseadas no respecto

Traballar desde a base segue sendo unha prioridade para esta Concellería. Nesta sentido Carmen Paredes insiste en “agradecer publicamente a colaboración e participación dos colectivos destinatarios e dos centros educativos grazas aos cales estas accións cobran maior sentido, e como non, e por suposto, o labor que o CIM vén desempeñando cos seus profesionais hai 12 anos servizo especializado que dota de sentido todos os nosos compromisos pola igualdade “

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.