spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona celebrou o Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas...

Baiona celebrou o Día Internacional dos Museos cunha xornada de portas abertas na Casa-Museo da Navegación

baiona-celebrou-o-dia-internacional-dos-museos-cunha-xornada-de-portas-abertas-na-casa-museo-da-navegacionO Concello de Baiona celebrou este xoves, con motivo do Día Internacional dos Museos, unha xornada de portas abertas na Casa-Museo da Navegación na que os protagonistas foron os escolares do CEIP Pazos de Reis (Tui), que realizaron un percorrido polas instalacións e levaron a cabo unha representación nos xardíns.

O Museo de Baiona uniuse ao Día Internacional dos Museos 2017 con varias actividades na súa Casa da Navegación. Con entrada libre ás instalacións durante todo o día, houbo visitas guiadas e celebrouse unha performance no xardín do museo a cargo de alumnos de 3º a 6º de Primaria do CEIP Pazos de Reis (Tui).

Os escolares mostraron unha revisión actualizada do encontro entre culturas que supuxo o Descubrimento de América en relación co feito histórico da Arribada de Martín Alonso Pinzón a Baiona o 1 de marzo de 1493 para dar por primeira vez a noticia do descubrimento dentro da temática proposta para este ano: “Museos e historias controvertidas: dicir o indicible nos museos”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.