spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acollerá a máis de 500 deportistas amantes do Baloncesto no Torneo...

Baiona acollerá a máis de 500 deportistas amantes do Baloncesto no Torneo De Minibasket

Baiona acollerá a máis de 500 deportistas amantes do Baloncesto no Torneo De Minibasket Os próximos 1 e 2 de abril o pavillón da vila mariñeira de Baiona acollerá o Torneo de Minibasket que reunirá a 32 equipos de toda Galicia, Portugal e do territorio nacional e que esta mañá presentouse no Salón de Plenos do Concello de Baiona.

Cousas de revista nº16

Todos os equipos participantes son da categoría alevín, 16 masculinos e 16 femininos.

Xa o venres 31 de marzo pola tarde, disputarase o torneo de tiros por parellas, mentres que o sábado 1 de abril celebrarase a fase de grupos, nos que se clasificarán os dous primeiros.

Doutra banda, o domingo, os equipos eliminados xogarán entre eles e os equipos finalistas disputarán os play-offs de eliminación directa. O pavillón municipal acollerá toda unha fin de semana de baloncesto, pois esta disciplina disputarase desde ás 09:00h ata as 22:00h ao longo destes días, 74 partidos en total.

A final masculina será ás 17:00 horas e a feminina ás 18:00 horas. Xa ás 19:00, terá lugar a entrega de premios.

Á rolda de prensa de presentación celebrada esta mañá asistiron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a Concelleira de Deportes de Baiona, Andrea Pérez Gonzáles, Fernando Pérez, Delegado da Federación Galega de Balonceso, Severino Castiñeiras, Presidente do Club Baloncesto Baiona e Manuel Bouzas, Fundador do Club Baloncesto Baiona.

O Alcalde de Baiona agredece “a implicación dos organizadores neste evento que atraerá ata Baiona a máis de 500 deportistas durante esa fin de semana”. Gómez Prado tamén quixo”por en valor o traballo feito ao longo de todos estos anos polo Club Baloncesto Baiona”.

- Publicidade -spot_img