Inicio Val Miñor Baiona Baiona acolle unha reunión do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación

Baiona acolle unha reunión do Plan Estratéxico de Turismo da Deputación

baiona-acolle-unha-reunion-do-plan-estratexico-turismo-da-deputacionO salón de Plenos do Concello de Baiona albergou unha das mesas de traballo do Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Pontevedra, promovido pola Deputación.

A vila foi a localidade elixida para celebrar a mesa dedicada á costa sur. Trátase da terceira das catro xornadas previstas nesta II fase de estratexia do programa. A reunión, á que asistiron a deputada Montserrat Magallanes,  a concelleira de Turismo de Baiona, Beatriz González Pérez, así como as técnicas de turismo do Concello, contou tamén con particípación de representantes de empresas do sector.

Esta sesión serviu para realizar o deseño do tipo de turismo adecuado en distintos ámbitos a través de diferentes dinámicas. En concreto, os participantes fixeron chegar as súas inquietudes e propostas de accións concretas que teñan que ver cos diferentes produtos turísticos estratéxicos, como é o caso de Baiona, que van formar parte dun paquete turístico da provincia.

O Plan Estratéxico de Turismo da Deputación de Pontevedra para 2017-2020 aposta por un modelo sustentable na provincia, a través do deseño dun destino de calidade e non masificado.

A día de hoxe, o Plan Estratéxico afronta unha segunda fase para analizar os datos solicitados na que se reunirá de novo ao sector para establecer a estratexia e, no mes de decembro, aprobalo. Despois o plan será presentado á Xunta de Galicia e ao Goberno central.

Na súa intervención, Beatriz González, agradece á Deputación que apostará por Baiona para a realización dunha xornada de traballo “moi interesante” dentro do plan estratéxico que “nos axudará a definir que turismo queremos para a provincia, e no que as localidades costeiras como Baiona temos moito que ofrecer”, apuntou a edil. A nosa intención é ofrecer un turismo sustentable, que permita que o sector siga sendo puxante. Que manteña a nosa autenticidade, os nosos valores e a nosa contorna”, dixo, para “non ter un turismo masificado”.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies