spot_img
InicioVigo e áreaRedondela"Ata o infindo e máis aló" Nova actividade da Asociación de Amigos...

“Ata o infindo e máis aló” Nova actividade da Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela

 

"Ata o infindo e máis aló"-Nova-actividade-Asociación-Amigos-Bibliotecas-Redondela“Ata o infindo e máis aló.  Astrolabios. Astronomía e literatura: unha historia de amor”

A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela abre o prazo de inscrición para unha nova actividade que, baixo o lema “Ata o infindo e máis aló”, recolle dúas propostas que xiran arredor do universo e os elementos que o conforman: unha sesión de Libro-Fórum: ”Astrolabios. Astronomía e literatura: unha historia de amor”,  na que se traballará unha coidada selección de textos feita polo coordinador dos clubs de lectura de adultos das bibliotecas municipais, e que se desenvolverá no edificio Multiusos da Xunqueira o venres 8 de maio ás 20:30 horas; e unha visita guiada , por membros da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, ao Observatorio Astronómico de Cotobade, que terá lugar o sábado 9 de maio, con saídas desde Redondela e Chapela ás 20:30 horas.

Ámbalas dúas actividades serán gratuítas e as súas prazas limitadas. As persoas interesadas poderanse inscribir, ata o día 1 de maio, a través do correo electrónico amigosbibliotecasredondela@gmail.com ou no número de teléfono 647 688 067.

A inscrición a cada unha das actividades é independente, é dicir, é posíbel apuntarse a só unha delas ou ás dúas; e poderanse sumar á visita ao observatorio cativos e cativas, maiores de 12 anos, acompañados dun adulto responsábel.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.