spot_img
InicioVal MiñorBaionaXuntanza Gimnasia Rítmica 2015 - Concello de Baiona

Xuntanza Gimnasia Rítmica 2015 – Concello de Baiona

Xuntanza-Gimnasia-Rítmica-2015-Concello-BaionaUn ano máis o Concello de Baiona reunirá nas súas instalacións deportivas do pavillón Municipal de Baiona unha Xornada de ximnasia rítmica escolar, dando cita a un evento deportivo cheo de elegancia e vistosidade.

Xuntanza-Gimnasia-Rítmica-2015-Concello-BaionaNesta V Edición contaranse coa presenza do Club Ximnasia Porriño, Club Santiago Apóstolo, Ureca, CEIP García Barbón e por suposto o Club Ximnasia Rítmica As Ronseis, club organizador do evento conxuntamente coa Concellaría de Deportes do Concello de Baiona.

Poderase gozar dos exercicios de máis de 60 ximnastas de todas as categorías e tanto en individuais como en conxuntos. A partir das 17:30 horas na pista central do Pavillón Municipal de Deportes de Baiona.

Con motivo da campaña de recadación de fondos para conseguir unha prótese para a ximnasta Desiré do club Flic Flac de ximnasia acrobática de Vigo habilitarase unha hucha para todos aqueles que queiran colaborar.

Xuntanza-Gimnasia-Rítmica-2015-Concello-BaionaXuntanza-Gimnasia-Rítmica-2015-Concello-Baiona

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.