spot_img
InicioVal MiñorBaionaEntrega dos distintivos SICTED ao Compromiso da Calidade Turística, a 31 empresas...

Entrega dos distintivos SICTED ao Compromiso da Calidade Turística, a 31 empresas e servizos de Baiona

 

Entrega-distintivos-SICTED -Compromiso-Calidade-Turística-31-empresas-servizos-BaionaHoxe 16 de abril, o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e a Concelleira de Turismo, María Igrexas, fixeron entrega dos distintivos ao Compromiso da Calidade Turística, ás 31 empresas e servizos de Baiona que superaron o Comité de Distinción do pasado decembro.

Un importante incremento con respecto ás certificacións do anterior comité, grazas á posta en marcha do proxecto Innovatur, que permitiu traballar na implantación do Sicted, cun maior número de empresas e servizos.

Desta maneira, Baiona conta na actualidade con 37 establecementos distinguidos. Tamén se achan en fase de implantación, outros 10 establecementos, dos cales 6, xa foron avaliados recentemente e poderán optar á certificación, en xuño de 2015.

Desta maneira, Baiona conta na actualidade con 37 establecementos e servizos distinguidos, nun dos proxectos mais ambiciosos do PICTE (Plan Integral de Calidade Turística Española), que proporciona un impulso da calidade do destino a nivel global. Tamén se haxan en fase de implantación, outros 10 establecementos, dos cales 6, xa foron avaliados recentemente e poderán optar á certificación, en xuño de 2015. Neste momento hai representados 12 oficios, e é o único destino adherido ao Sicted, que ten todas as súas praias distinguidas.

Os seguintes establecementos e servizos de Baiona, superaron o pasado 15 de decembro, o Comité de Distinción do Sicted (Sistema Integral de Calidade da Turística Española en Destino)

Apartamentos Ababides, Bocatería Manduca, Cafetaría Cerchas, Casa do Marqués, Casa Rural San Lourenzo, Estación de Servizo Monte Real, Ronseis, Hotel Anunciada, Hotel Arce, Hotel Pazo de Mendoza, Hotel Rompeolas, Hotel Tres Carabelas, Jamonería Jaqueyvi, Jose Carlos Vasconcellos Gonzalez, Xoiaría Tula, Juan José Fontenla Alfaya, A Crep, A Pedalería, A Real Taperia, Lle Sept, Lúa Baiona, Miradoiro Ria de Bayona, Monte Real Club de Iates de Bayona, Oficina de Turismo-Concello de Baiona, Óptica Baiona, Dávos Ponche, Parador Nacional de Turismo Conde de Gondomar, Barbaría Belmer, Policía Local de Baiona, Recuncho Mariñeiro e Restaurante Pedro Madruga.

Entrega-distintivos-SICTED -Compromiso-Calidade-Turística-31-empresas-servizos-BaionaFOTO: Asistentes ao acto

A implicación do Concello de Baiona en prol da calidade viuse recompensada, e froito desta implicación, é o terceiro premio concedido a Baiona como MELLOR DESTINO SICTED 2014, en recoñecemento ao seu compromiso en favor da competitividade das empresas e impulso do proxecto Sicted na Vila.

Baiona resultou o terceiro, de entre 183 destinos participantes de toda España.

É importante o esforzo das empresas turísticas locais en prol da excelencia.

A crecente motivación entre o empresariado e os servizos públicos que poden certificarse, augura un traballo continuo e unha senda ascendente para lograr un destino singularizado pola calidade e o firme obxectivo de instaurar hábitos de funcionamento dentro da excelencia e a sustentabilidade.

ANTECEDENTES SICTED

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino é un dos proxectos máis ambiciosos do PICTE (Plan Integral de Calidade Turística Española), que proporciona un impulso da calidade do destino a nivel global, cuxo obxectivo é alcanzar un nivel de calidade homoxéneo dentro dun mesmo municipio.

O SICTED está auspiciado pola Federación de Municipios e Provincias (FEMP) e financiado pola Secretaria de Estado e Turismo (SET). O proxecto tivo os seus inicios no ano 2000, e na actualidade son 115 os destinos que participan nel e ao rededor de 5500 empresas e servizos públicos .

Baiona, conxuntamente cos 7 destinos do antigo “Club de Municipios de Excelencia Turística da España Verde”, hoxe en día “Asociación Vilas Mariñeiras”, fué un dos grandes beneficiados coa posta en marcha do devandito plan.

- Publicidade -spot_img