spot_img
InicioVigo e áreaVigoAspanaes, Premio “Líder en Calidade de Galicia” no sector de Servizos Sociais

Aspanaes, Premio “Líder en Calidade de Galicia” no sector de Servizos Sociais

Aspanaes, Premio “Líder en Calidade de Galicia” no sector de Servizos SociaisO galardón recoñece a traxectoria e experiencia da entidade na súa xestión baseada na Calidade

Por noveno ano consecutivo, un xurado integrado por AENOR, Serviguide e o Comité Executivo de Expourense elixiu ás empresas e institucións galegas merecedoras dos premios “Líderes en Calidade”, uns galardóns que teñen como obxectivo sensibilizar a empresas privadas e entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices da calidade e do medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e conseguir a satisfacción do cliente.

A Asociación Aspanaes foi galardoada na categoría de Servizos Sociais, recoñecendo así a súa traxectoria e experiencia na súa xestión baseada na Calidade, que conseguiu certificar baixo a norma ISO 9001 no ano 2008. Este premio avala o compromiso de Aspanaes coa mellora continua para conseguir o maior benestar das persoas que conforman a entidade, aliñado cos seus valores organizacionales e sumando en reputación acreditada.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.