A Asociación ‘1Máis’ dá comezo ao seu proxecto ‘Instituto Máis’, un conxunto de accións no ámbito educativo destinadas a cambiar a percepción que, desde a sociedade, tense das persoas con autismo.
Co fin de auspiciar unha integración real e efectiva das persoas dentro do espectro autista, a Asociación 1Máis inicia o próximo día 8 de novembro a primeira edición de ‘Instituto Máis’.
Serán os/as alumnos/as de 2º de ESO do Instituto Indalecio Pérez Tizón en Tui quen se achegue á realidade do trastorno do espectro autista, coñecendo e intercambiando experiencias e información con expertos en TEA e nenos e adultos autistas da nosa comunidade. Contaran coa colaboración do Centro Anarela, sendo a psicóloga sanitaria do centro a que impartirá estes talleres con 1Máis.
Farano a través de 10 talleres nos cales se abordarán entre outros, temas tan importantes como a accesibilidade, a comunicación, o acoso escolar ou a inclusión. Procurarase derrubar os mitos acerca da discapacidade psíquica, en particular a das persoas autistas e fomentar entre os asistentes unha conciencia solidaria que lles anime a traballar de forma colaborativa para a mellora da comunidade da que forman parte.
Con este proxecto, 1Máis aposta pola educación como ferramenta indispensable para conseguir unha sociedade máis inclusiva.



