Inicio Pontevedra 340 persoas de 5 concellos da provincia de Pontevedra participan nas primeiras...

340 persoas de 5 concellos da provincia de Pontevedra participan nas primeiras charlas do programa “DepoEmprende na FP”

340-persoas-5-concellos-da-provincia-pontevedra-participan-nas-primeiras-charlas-do-programa-depoemprende-na-fp
IES Johan Carballeira de Bueu

Seis centros de FP da provincia acolleron as xornadas inaugurais do programa da Deputación de Pontevedra ‘DepoEmprende na FP’

Un total de 340 persoas participaron nas primeiras charlas de ‘DepoEmprende na FP’, programa da Deputación de Pontevedra encadrado dentro de ‘DepoEmprende na Escola’, pensado para fomentar a cultura emprendedora no ámbito educativo.

‘DepoEmprende na Escola’, que neste curso chega a súa segunda edición, presenta como novidades os proxectos de ‘DepoEmprende na ESO’ e ‘DepoEmprende na FP’. Ao abeiro deste últimos, xa desenvolvéronse as primeiras 6 actividades do curso, que tiveron como escenario o CFEA de Lourizán e o IES Luis Seoane, en Pontevedra; o IES Daniel Castelao en Vigo; o IES Rodeira en Cangas do Morrazo; o IES Johan Carballeira en Bueu, e o EFA A Cancela en As Neves.

Ademais, durante a última semana do mes de outubro, o Centro de Formación e Recursos de Pontevedra acolleu os cursos de formación para os e as docentes que van participar durante este curso en ‘DepoEmprende na Escola’.

O programa “DepoEmprende na Escola” ten como finalidades, ademais do obxectivo xeral, o desenvolvemento de distintas competencias asociadas á comunicación, á análise da contorna física, a creación, a convivencia e a cidadanía ou a alfabetización dixital, entre outras. A comunidade escolar da provincia disporá de, entre outros recursos, un portal educativo en Internet onde se lles ofrecerá información e documentos de apoio cos que reforzar os contidos dos materiais didácticos usados nas aulas, así como poderá facer as súas propias achegas para facilitar a coordinación do proxecto.

A súa metodoloxía sitúa o alumnado no papel de protagonista da súa propia aprendizaxe, xa que se basea nun traballo dende a práctica onde esa aprendizaxe é activa, cooperativa e significativa, onde a relación entre o centro educativo e os feitos acontecidos na súa contorna máis próxima estarán presentes a diario.  A materia incluída no programa desenvolverase dun xeito transversal, de modo que o alumnado adquirirá coñecementos en distintas áreas de coñecemento como matemáticas, ciencias, linguaxe, cultura e tamén competencia dixital, social e cívica ou “aprender a aprender”.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies