Inicio Baixo Miño A Guarda As vellas glorias do ciclismo galego danse cita na Guarda

As vellas glorias do ciclismo galego danse cita na Guarda

As vellas glorias do ciclismo galego danse cita na GuardaA Casa dos Alonso acolleu hoxe a presentación da Carreira de Vellas Glorias do Ciclismo que terá lugar o vindeiro sábado día 23 de novembro a partires das 16:30h.

O acto de presentación contou coa asistencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, e o coordinador deste evento, Roberto Portela.

A proba arrancará ás 16:30h da tarde dende a Alameda da Guarda e contará coa presenza de máis de 80 deportistas ex-profesionais do mundo do ciclismo galego coma Veloso ou Márques que farán un percorrido de 20 voltas a un circuito urbano de 1,2km polas Rúas Galicia, Brasil e República Dominicana, con varios sprints especiais e rematando cunha subida ata o Monte Santa Trega.

Os organizadores deste evento, que xa se celebrou na Guarda hai dous anos, confían en contar co gañador do Tour 2006, Oscar Pereiro, na saída desta cita tan especial

Previa a esta proba contarase na Alameda da Guarda con actividades para os ciclistas da base do CC O Rosal, cunha proba de gincana para os máis pequenos.

Antonio Lomba destacou a importancia e relevancia do deporte na Guarda, cunha forte aposta dende a Concellería de Deportes encabezada por Montserrat Magallanes, apoiando e colaborando coas iniciativas deportivas que se realicen na vila. O alcalde engadiu que é unha satisfacción para a vila que estas iniciativas deportivas se consoliden e se manteñan no tempo, contando cunha axenda deportiva moi importante para unha vila de pouco máis de 10.000 habitantes. Aproveitou a oportunidade para convidar á cidadanía a animar aos ciclistas que visitarán A Guarda este sábado e tamén aos corredores que participarán o domingo no VI Trail do Trega.

Agradécese de igual xeito a colaboración de Protección Civil do Rosal, Ges da Guarda, Policía Local e Guardia Civil de Tráfico.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies