spot_img
InicioAlto MinhoAs valedoras de Cerveira e Tomiño, finalistas do premio de "Boa práctica...

As valedoras de Cerveira e Tomiño, finalistas do premio de “Boa práctica en participación cidadá 2019”

As valedoras de Cerveira e Tomiño, finalistas do premio de "Boa práctica en participación cidadá 2019”
A esqueda, Zara Pousa (Tomiño) e María de Lurdes Guerreiro (Cerveira), na oficina de atención ao público do Concello de Tomiño.

O proxecto resultou elixido como unha das 14 mellores prácticas de participación cidadá, xunto ás de cidades de Europa e América, como Grenoble e Bordeaux (Francia),  Vitoria-Gasteiz (España), Medellín (Colombia), Kazan (Rusia) ou Córdoba (Arxentina).

A figura das valedoras-provêdoras transfronteirizas da Eurocidade Cerveira-Tomiño, vén de ser seleccionada coma finalista do premio “Boa práctica en participación cidadá 2019”, concedido polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa.

O obxectivo desta distinción é recoñecer as experiencias innovadoras que os gobernos locais promoven no campo da democracia participativa. Adicionalmente, búscase dar visibilidade a estas prácticas, achegalas a outros gobernos locais e que poidan ser replicadas, así como favorecer o traballo en rede.

As propostas deben ter como obxectivo principal o fortalecemento comunitario, a ampliación dos dereitos da cidadanía relacionados coa participación política e a mellora da calidade das decisións públicas a través de mecanismos de democracia participativa.

Un xurado experto avaliará, a partir de agosto, as candidaturas finalistas para decidir o premio final que se entregará en México, en decembro de 2019, no marco da XIX Conferencia da OIDP.

O Observatorio Internacional da Democracia Participativa (OIDP) https://oidp.net/es, nacido en 2001, é unha rede de máis de 600 cidades do mundo, entidades, organizacións e centros de investigación que queren coñecer, intercambiar e aplicar experiencias sobre democracia participativa no ámbito local.

Todas as propostas finalistas poden consultarse aquí: https://participate.oidp.net/processes/award2019/f/104/proposals?locale=es&utf8=%E2%9C%93&filter%5Bsearch_text%5D=&filter%5Borigin%5D=&filter%5Borigin%5D=all&filter%5Bstate%5D=&filter%5Bstate%5D=accepted&order=random

Menos fronteiras

Na candidatura, os responsables da Eurocidade Cerveira-Tomiño salientan, por exemplo, que “aínda que dentro da Unión Europea, as fronteiras físicas deixaron de existir, hai moitas fronteiras burocráticas que impiden unha cooperación eficaz entre os cidadáns locais…A existencia destas novas e pioneiras institucións transfronteirizas facilita o empoderamento cidadán, co obxectivo de construír eurocidadanía e zonas francas sociais e administrativas, con maior igualdade e mellor calidade de vida, de acordo ás prioridades definidas no marco europeo”.

As valedoras da cidadanía transfronteiriza de Cerveira e Tomiño (María de Lurdes Guerreiro e Zara Pousa, respectivamente), teñen a función de garantir a defensa e o logro dos dereitos e intereses particulares dos residentes de Vila Nova de Cerveira (Portugal) e Tomiño (Galicia, España) como cidadáns transfronteirizos europeos. En 2018 presentaron un Informe de recomendacións para a eliminación das barreiras á mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil que propiciou un estudo da Comisión Europea sobre este problema, no marco da iniciativa “B-Solutions”.

- Publicidade -spot_img