spot_img
InicioBaixo MiñoAs Rutas de artes e oficios seguen o seu percorrido en Tomiño

As Rutas de artes e oficios seguen o seu percorrido en Tomiño

As Rutas de artes e oficios seguen o seu percorrido en TomiñoTras visitar os Viveiros Casaíta o pasado 7 de xullo, as Rutas de artes e oficios do Concello de Tomiño continúan este xoves polos Muíños do Porto, en Vilameán.

 

Revista COUSAS DE nº14

O encontro terá lugar ás 20.30h e percorrerá a ruta que conforman os muíños, orixinariamente 8, dos que hoxe hai cinco restaurados. Durante a actividade afondarase nas construccións e no sistema de moenda empregado polos e polas usuarias dos muíños.

Este conxunto localízase na saia do Monte Picoto, por onde se desliza a auga do pequeno Regueiro do Picoto, que daba a forza para mover as maquinarias dos muíños. No verán o regacho apenas presenta auga. Para iso habilitouse nos seus tempos unha canle que traía auga do próximo Río Cereixo. Aínda así, en épocas de choiva, fórmanse bonitas e rechamantes fervenzas que farán que o paseo adquira maior valor do que xa ten por si só.

Os muíños de auga contan cunha antigüidade de máis de 150 anos e eran utilizados por familias que herdaban o seu uso e dispuñan dun tempo ao día para o moenda. De destacar é o curioso Muíño Pequeno, polas súas reducidas proporcións e que se atopa xunto a unha fonte do século XVIII.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.