spot_img
InicioVal MiñorNigránAberto o prazo de inscrición para a XI Nigrán Area

Aberto o prazo de inscrición para a XI Nigrán Area

Aberto o prazo de inscrición para a XI Nigrán AreaA proba retoma a normalidade pre-pandemia tras non celebrarse no ano 2020 e realizarse baixo medidas de seguridade Covid no 2021

Revista COUSAS DE nº14

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra, Federación Galega de Atletismo e Deporte Galego, retoman o sábado 13 de agosto a 11 edición da ‘Nigrán Area’, carreira popular de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

O prazo de inscrición para esta tradicional carreira por Panxón e Praia América está aberto en www.carreirasgalegas.com ata o 9 de agosto ás 23:59 horas. A proba retoma a normalidade pre-pandemia tras non celebrarse no ano 2020 e realizarse baixo medidas de seguridade Covid no 2021

O evento deportivo arranca ás 10:00 horas e está aberto a tódalas categorías, tendo saída desde Panxón. Os sub 16 percorrerán 2 km, o sub 14 farán 1500 m, os sub 12 un kilómetrom, os sub 10 percorrerán 500 metros, os sub 8 farán 300 metros e os máis pequenos farán 100 metros de xeito simbólico.

O percorrido para a proba absoluta son 6 km do areal de Panxón-Praia América cando a marea está baixa. A proba conta coa supervisión da Federación Galega de Atletismo. Contará con avituallamente ao remate, servizo de ambulancia, seguro de responsabilidade civil e seguro de accidente deportivo para os participantes.

As inscricións poden realizarse tamén a través da web da FGA adicada as carreiras populares www.carreirasgalegas.com (acceder a través da sección calendario).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.