spot_img
InicioVal MiñorBaiona"As primeiras xornalistas”, a mostra que enxalza a loita das xornalistas galegas...

“As primeiras xornalistas”, a mostra que enxalza a loita das xornalistas galegas pola igualdade chega a Baiona

"As primeiras xornalistas”, a mostra que enxalza a loita das xornalistas galegas pola igualdade chega a BaionaA exposición ‘ As primeiras xornalistas, elas escribiron a historia’, que repasa o papel de xornalistas e escritoras galegas na loita pola igualdade e a modenización social, foi inaugurada este martes no C.P.I. Cova Terreña de Baiona.

Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas percorre desde hai un ano as bibliotecas autonómicas para dar a coñecer a traxectoria de doce escritoras e comunicadoras galegas comprometidas coa modernización política, social e cultural de Galicia.

Revista COUSAS DE Nº13

A Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, foi a encargada de inaugurar a mostra, xunto co Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, e a Directora do centro escolar, Isabel Martínez Cabaleiro.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella tamén participou na inauguración, na que avogou pola coeducación desde idades temperás como o camiño para acadar unha Galicia máis igualitaria, máis xusta e máis diversa. López Abella afirmou que educar é a semente da igualdade e, por iso, afirmou que apostar pola coeducación é apostar por unha sociedade máis igualitaria entre mulleres e homes, sinalando a importancia de transmitir valores de xustiza e igualdade de xeración en xeración.

Pola súa banda a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, apuntou ademais que agora se pon o foco en “mulleres que durante moito tempo estiveron silenciadas e invisibilizadas” e remarcou o simbolismo de facelo en lugares como os centros escolares “espazos abertos ao público e lugares de encontro entre mozos , onde a loita pola igualdade das homenaxeadas viaxa de fogar en fogar”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, destacou que “apostar por estas mostras é necesario para a visualización do traballo destas mulleres que achegaron tanto a nosa sociedade e cuxas historias merencen ser visibilizadas”.

Así, mulleres comprometidas de varias xeracións conforman a mostra, que está estruturada por un conxunto de paneis que dan conta das vivencias, a biografía e as experiencias de doce reporteiras, escritoras, directoras e correspondentes de guerra.

Recóllense as opinións de Emilia Pardo Bazán en máis de dous mil artigos de prensa ou de pioneiras como Concepción Arenal ou Mª Luz Morales, primeira directora dun xornal. Parte da exposición dedícase ademais a Sofía Casanova, correspondente de guerra, e a Virginia Felicia, coñecida como A raíña do folletín. Completan o elenco nesta exposición as poetisas Filomena Dato, Clara Corral e Pura Vázquez; a crítica literaria Concha Castroviejo; Mercedes Vieito, que exerceu o xornalismo desde Cuba; a escritora María Vinyals e Avelina Valladares, articulista e poetisa.

Na mostra que  estará exposta no colexió ata o vindeiro 20 de maio, amósanse, de xeito visual e didáctico, diversos aspectos das súas traxectorias, que viron marcadas, na práctica totalidade dos casos, polo inconformismo, a rebeldía contra a discriminación, a excelencia creadora e a loita pola igualdade.

"As primeiras xornalistas”, a mostra que enxalza a loita das xornalistas galegas pola igualdade chega a Baiona

Entre as persoas asistentes ao acto de homenaxe había  membros da Corporación do Concello de Baiona e representantes de distintas asociacións baionesas. Tamén estaba o alumnado da asignatura Investigación e Tratamento da Información xunto co seu profesor, Antonio Rey Somoza, que moi atentos escoitaron a intervención da Responsable de Prensa do Concello, Marta González Pérez, que foi invitada o acto para dar o coñecer o seu traballo diario como muller xornalista ao fronte do Gabinete de Prensa do Concello de Baiona.

- Publicidade -spot_img