spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs praias guardesas de “O Muíño” e “Area Grande” izan o distintivo...

As praias guardesas de “O Muíño” e “Area Grande” izan o distintivo de Bandeira Azul

as-praias-guardesas-de-o-muino-e-area-grande-izan-o-distintivo-de-bandeira-azulHoxe tivo lugar o acto de izamento das Bandeiras Azuis nas praias de Area Grande e O Muíño coas que se marca o comezo da temporada de verán nestas dúas praias recoñecidas da Guarda.

Ata a praia de Area Grande desprazáronse o Alcalde, Antonio Lomba, e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, e xunto cos socorristas izaron o distintivo co que conta esta praia emblemática da franxa costeira, Bandeira Azul. Despois trasladáronse ata o areal fluvial do Muíño no Río Miño, que este ano recibe os distintivos de Bandeira Azul e o de «EcoPlayas».

Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello de A Guarda lucen o distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análise de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente o mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” o camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013.  A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguiran este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente acadouse un resultado favorable.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.