Inicio Vigo e área Mos As Palilleiras de Mos volcadas na saída de “La Vuelta” desde o...

As Palilleiras de Mos volcadas na saída de “La Vuelta” desde o municipio

As Palilleiras de Mos volcadas na saída de “La Vuelta” desde o municipioA Asociación de Palilleiras de Mos, unha das asociacións culturais referente do municipio mosense e integrante ademais da mesa de traballo “Mos con La Vuelta” traballa activamente nun proxecto que formará parte do atrezo na etapa número 15 de La Vuelta a España 2020, que sairá desde Mos en dirección á Pobra de Sanabria o xoves 5 de novembro ás 10 h.

Según as propias palilleiras o obxectivo deste traballo artesanal en encaixe de bolillos é o reto de elaborar unha artesanía en gran formato e fomentar e impulsar o patrimonio cultural cun sentimento de orgullo e pertenza polo noso, e amosar esta técnica que se leva a cabo en moitos puntos de Galicia.

Tal e como hoxe informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, será un gran deseño que xunto co entorno do Pazo enriquecerá ao espazo elixido para a saída. É un orgullo contar con esta asociación, formada por mulleres de cada unha das dez parroquias de Mos, que durante todo o ano organizan diversas actividades ao redor de diferentes técnicas e labores.

Actualmente traballan tamén no “I Encontro de Labores no Camiño 2021”, que inclúe varias actividades concretas como son: a tradicional “Xuntanza de Palilleiras e Labores de Mos”, unha Exposición co título “Camiño do Encaixe”, os obradoiros “Os camiños do Encaixe” e un bus turístico. Este proxecto levarase a cabo maioritariamente nas parroquias de Tameiga-Costoias, e Santa Eulalia de Mos, tramo do Camiño Portugués.

O proxecto executarase ao longo do ano que ven, con motivo do Xacobeo 2021 que transcorre polo Camiño Portugués (Pazo dos Marqueses de Mos) situado no Concello de Mos para promocionar a imaxe cultural, turística, natural e humana das áreas rurais do Camiño de Santiago. Irá dirixido ao público en xeral, entre o que potenciar a importancia do patrimonio cultural galego en xeral e mosense en particular, aos peregrinos ou turistas que visiten ou realicen o Camiño Portugués e á veciñanza do Concello de Mos e concellos limítrofes.

Deste xeito, traballando da man Concello e Palilleiras;  Mos continúa apostando polo seu tecido asociativo e pola súa principal baza turística e cultural: o Camiño de Santiago.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies