spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán aproba unha axuda de 4.000 euros anuais ao Centro Castro Navás...

Nigrán aproba unha axuda de 4.000 euros anuais ao Centro Castro Navás da Fundación Menela

Nigrán aproba unha axuda de 4.000 euros anuais ao Centro Castro Navás da Fundación Menela O Concello de Nigrán dá un paso máis no seu proxecto ‘Un Nigrán para todos’ consignando por vez primeira na súa Historia unha axuda directa de 4.000 € anuais ata o ano 2023 ao centro Castro Navás da Fundación Menela, situado na parroquia de Priegue.

 

O obxectivo desta nova liña estratéxica aprobada no Pleno de onte é constribuír á axuda ás persoas con trastorno do espectro autismo e as súas familias a través do plan que a dirección da entidade considere oportuno deseñar.

O alcalde de Nigrán comunicou á dirección esta axuda directa encamiñada a proxectos como XacobeoAutismo ou calquera outro que a fundación considere de especial interese para os seus usuarios

“O ano pasado colaboramos con eles mediante ‘Un Camiño de todos’, destinado a facer o Camiño de Santiago accesible tamén desde o punto de vista sensorial, pero sabemos o Covid-19 limita as posibilidades de repetilo, polo que a axuda está aí para esta ou calquera outra iniciativa”, comunicou o alcalde, Juan González, nunha visita ao centro xunto a edil de Servizos Sociais, Bibiana Peixoto. “O proxecto será o que o Centro Castro Navás decida cada ano, o único requirimento é que contribúa a axudar ás persoas con trastornos do espectro autista e as súas familias, polo que pódese adaptar a moitísimas iniciativas que poidan xurdir”, indicou. Pola súa banda, a dirección acolleu esta nova con especial ledicia ao ser flexible e non cinguirse a algo concreto, polo que acordou presentar nas vindeiras semanas o proxecto deste ano 2020.

 

Centro Castro Navás

O Centro Castro Navás acolle a persoas maiores de 16 anos con Trastorno do Espectro do Autismo en réxime de Media Pensión e distintos tipos de estancias de residencia, con e sen fin de semana. O Centro presta aos seus usuarios servizos de terapia ocupacional e axuste persoal e social. Tamén desenvolve actividades de ocio dirixidas a reforzar as habilidades de inclusión social e desenvolvemento autónomo do participantes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.