Inicio O Condado As Neves As Neves culmina a primeira fase do proxecto de recuperación ambiental e...

As Neves culmina a primeira fase do proxecto de recuperación ambiental e paisaxística en Porto Maior

As Neves culmina a primeira fase do proxecto de recuperación ambiental e paisaxística en Porto Maior O Concello ven de rematar a primeira fase do proxecto de mellora do entorno e integración paisaxística da praia de Porto Maior.

Os traballos desta primeira actuación consistiron na retirada de especies invasoras e roza da área que rodea a praia dende a beira do río ata a vía de acceso.

Na seguinte fase, que rematará en marzo de 2021, realizaranse varias actuacións entre as que se inclúen a creación de sebes con especies frondosas nas beiras dos camiños, ampliación e acondicionamento da actual zona de aparcadoiro, reparación de mobiliario en mal estado e a colocación dunha árbore conmemorativa.

O proxecto, executado pola empresa Sherpa Project, e que conta con todos os permisos de actuación (Patrimonio, ADIF e a Comunidade de Montes das Neves), terá un custo total de 24.087,71€, dos cales 19.916,00€ serán cubertos polas Axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agro-ambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies