Inicio Baixo Miño A Deputación colaborará co Concello de Tui para que os xardíns da...

A Deputación colaborará co Concello de Tui para que os xardíns da Praza de San Domingos poidan ser incorporados á Ruta da Camelia

A Deputación colaborará co Concello de Tui para que os xardíns da Praza de San Domingos poidan ser incorporados á Ruta da CameliaA Estación de Areeiro da Deputación catalogará os xardíns da praza de San Domingos de Tui para que o concello poida integralos na Ruta da Camelia

A Deputación de Pontevedra colaborará co Concello de Tui para que os xardíns da Praza de San Domingos poidan ser incorporados á Ruta da Camelia. A Estación Fitopatolóxica do Areeiro realizará unha catalogación dos 10 árbores existentes na praza e facilitará así o traballo do Concello, que pretende realizar un proxecto de posta en valor, incrementando o número de exemplares, antes da presentación da solicitude.

Desta forma, Tui pasará a formar parte dun percorrido turístico e botánico-patrimonial que é todo un referente da provincia de Pontevedra. O alcalde destacou que a praza de San Domingos é un lugar histórico, cunha forte carga patrimonial, e polo tanto está destinada a cobrar a máxima relevancia como espazo de encontro e lecer tanto para a veciñanza como para as persoas visitantes. O Concello acolleu unha idea que naceu na Asociación Tudense de Amigos da Camelia para tirar o máximo partido dunha contorna con árbores centenarias. A intención do Goberno local, unha vez catalogadas, é avanzar coa plantación de novos exemplares ata alcanzar o centenar, número que, unido á consideración de xardín histórico, permitiría a adhesión.

A Ruta da Camelia é un recurso turístico de primeira magnitude que aglutina xardíns repartidos por Galicia e nos que poden contemplarse máis de 8.000 variedades desta árbore e a súa flor, moi especialmente na provincia pontevedresa. Na Ruta hai parques, castelos e pazos que acollen espazos singulares, entre eles varios declarados como Xardín de Excelencia Internacional pola Sociedade Internacional da Camelia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies