spot_img
InicioCondado ParadantaSalceda de CaselasAs hortas urbanas, un modelo de economía sostible que colleita éxitos entre...

As hortas urbanas, un modelo de economía sostible que colleita éxitos entre a veciñanza de Sequelo en Marín

As hortas urbanas un modelo de economía sostible que colleita éxitos entre a veciñanza de Sequelo en MarínAs 71 parcelas que sorteou hai un ano o Concello están todas ocupadas  e serán cultivadas durante 3 anos máis polos que resultaron beneficiarios dalgunha delas.

A sostibilidade, a economía circular, a reconexión coa natureza e a produción autóctona, ademais da actividade física e a dinamización son algúns dos beneficios que aportan as hortas urbanas do Sequelo, un espazo ecolóxico e de integración social que colleita grandes éxitos entre a veciñanza.

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, quixo facer un “moi bo balance” do primeiro ano que se levan traballando estes espazos desde que se realizou o último sorteo das 71 parcelas, que agora poderán ser explotadas polos seus actuais propietarios durante catro anos.

“Esta foi a maior novidade que introducimos no anterior sorteo, porque antes o máximo era de dous pero entendíamos que unha horta traballada requería de máis tempo”, asegura a edil.

Estas 71 parcelas, ademais, están divididas segundo distintos grupos sociais de tal xeito que todo tipo de perfís poidan optar a traballar algunha delas. Así, existen:

  • 40 hortas para persoas xubiladas ou pensionistas
    • 15 hortas para persoas en paro que non reciban prestación por desemprego
    • 12 hortas para a veciñanza en xeral
    • 4 hortas para persoas con discapacidade (≥33%) ou que demostren intolerancias químicas.

Traballar por un Marín máis verde e máis ecolóxico forma parte dos obxectivos do Concello e por iso, ademais de ampliar os anos para os beneficiarios das hortas, a vila sumouse á compostaxe como mellor forma de tratar os residuos orgánicos.

Un deses composteiros comunitarios instalouse, precisamente, ao lado das hortas urbanas do Sequelo, para pechar un círculo medio ambiental sostible que quere servir de modelo para impulsar economías máis respectuosas coa contorna e que redunden en beneficios para a cidadanía de Marín.

- Publicidade -spot_img