spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraAs nenas e nenos da provincia xa poden se "naturalistas" do Castelo...

As nenas e nenos da provincia xa poden se “naturalistas” do Castelo de Soutomaior

As nenas e nenos da provincia xa poden se naturalistas do Castelo de SoutomaiorCarmela Silva: “Queremos enriquecer de xeito lúdico a experiencia dos nenos e nenas no Castelo e conciencialos sobre esta peza extraordinaria do noso patrimonio”

Revista COUSAS DE nº14

Se ata agora xa podían ser “detectives” do Castelo de Soutomaior, a rapazada da provincia vai poder tamén converterse en “naturalista” do seu xardín de Excelencia Internacional. Poderán conseguilo dunha forma amena e interactiva coa nova ferramenta didáctica que pon a súa disposición a Deputación de Pontevedra. O libro “Os segredos do Xardín de Soutomaior” busca, con explicacións e o reto de facer diferentes probas, enriquecer a experiencia dos nenos e nenas na súa visita á fortaleza, achegándolles de xeito lúdico o “potencial histórico e botánico” do xardín, que amais está incluído na Ruta Europea de Xardíns Históricos.

As nenas e nenos da provincia xa poden se naturalistas do Castelo de Soutomaior

A presidenta Carmela Silva destacou que a publicación está enfocada especialmente á rapazada de Educación Primaria e repartirase a partir do inicio do vindeiro curso escolar entre as familias e crianzas que visiten Soutomaior. Cun deseño coidado, busca “crear conciencia entre as nenas e nenos da marabilla de Castelo e do seu Xardín, que é un grande orgullo e unha peza extraordinaria do noso patrimonio”.

O libro estará dispoñible en galego e castelán e será unha “aventura” na que a rapazada terá varios retos, como un plano do xardín con pezas de puzzle para situar distintos elementos, xogos nos que deberán relacionar descricións de partes do xardín coas súas fotografías, adiviñanzas, un encrucillado, sopa de letras ou cuestións para responder verdadeiro ou falso. A obra axudaralles así mesmo a coñecer “o marabilloso mapa de árbores” e plantas silvestres que nacen no xardín, a través dun repaso da súa evolución ao longo das catro estacións do ano. Hai que lembrar que esta contorna é tamén un dos itinerarios Europeos certificados polo Consello de Europa e acadou o certificado “Xardín Histórico Observer” que o acredita como destino de turismo científico. Por outra banda, inclúense datos da fauna do xardín e tamén unha aproximación á historia do castelo, con referencias aos marqueses da Vega de Armijo e Mos, e tamén a María Vinyals.

Unha vez que completen todas as actividades, as crianzas poderán conseguir o carné acreditativo de “naturalista do Castelo”. Deste xeito, o libro súmase ao xogo que xa ofrece a Deputación con “Os segredos do Castelo”, co que a rapazada acada o diploma de “detective do Castelo” tras culminar o xogo de pistas que vai cubrindo a medida que coñece o interior da fortaleza.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.