Inicio Val Miñor Nigrán As mochilas vibratorias do Concello de Nigrán protagonizan a iniciativa social 'O...

As mochilas vibratorias do Concello de Nigrán protagonizan a iniciativa social ‘O Camiño dos Satélites’ cada fin de semana dos ‘Bicigrinos’

As mochilas vibratorias do Concello de Nigrán protagonizan a iniciativa social 'O Camiño dos Satélites' cada fin de semana dos 'Bicigrinos'As mochilas estarán a disposición das persoas con diversidade que mañá acudan ao concerto da orquestra Castro Navás no Auditorio e o día 19 no Festival Intercéltico con motivo da feira de As San Lucas de Mondoñedo

As mochilas vibratorias do Concello de Nigrán, únicas en Galicia e prácticamente en España, resultaron unha das tecnoloxías protagonistas da nova edición do ‘Camiño dos Satélites’, proxecto nacido na primavera de 2010 como unha iniciativa social de  Funteso para fomentar o uso responsable das mesmas, particularmente para contribuír a facer accesible o Camiño de Santiago. Así o comprobou este mediodía o alcalde de Nigrán, Juan González, quen asistíu á chegada dos ‘biciperegrinos’ participantes (entre os que se atopa o músico Serafín Zubiri) á Praza do Obradoiro.

Entre o 7 e o 10 de outubro o grupo percorreu as 3 etapas galegas do chamado Camiño Francés, desde O Cebreiro a Santiago de Compostela, por medio de bicicletas  stándar e eléctricas, tándem,  hand  bike e algunhas bicicletas adaptadas para persoas con diversidade funcional a cargo estas do proxecto Discamino co que colabora o Concello de Nigrán. As mochilas foron as protagonistas en cada parada final, onde foron empregadas para os concertos e actividades programadas (as mochilas transforman o son en vibracións, polo que fan accesibles os espectáculos ás persoas xordas). “Sorprenderon moitísimo, ninguén as probara e quedaron encantados, Serafín Zubiri trasmitiu a noraboa ao Concello por este investimento, el mesmo explicou que puido recoñecer as súas cancións en poucos segundos”, explica Miriam Aller, responsable de ‘Entre Signos’ e quen coordina os préstamos que realiza o Concello.

O primeiro Camiño dos Satélites realizouse a pé en 2010, participando nel Miguel Induráin, Serafín  Zubiri e outras 40 persoas máis. Nesta edición que arrancou o 28 de setembro en Roncesvalles participaron trece grandes deportistas de nivel mundial na derradeira milla de cada unha das etapas: se trata de Ruth Beitia (atletismo), Joana Pastrana (boxeo), Sandra Sánchez (kárate), Teresa Perales e Mireia Belmonte (natación), Patricia García (rugby), Lidia Valentín (halterofilia), María López (hockey hierba), Laia Palau (baloncesto), Carmen Martín (balonmano), Carolina Marín (badminton), Ana Carrasco (motociclismo), Helia González y Vero Boquete (fútbol).

Próximas citas

As mochilas vibratorias estarán a disposición das persoas con diversidade que as soliciten durante o concerto da Orquestra Castro Navás da Fundación Menela mañá ás 12:15 horas no Auditorio Municipal de Nigrán, evento que forma parte do acto final de ‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’. A seguinte cita será o 19 de outubro no festival intercéltico con motivo da Feira de As San Lucas de Mondoñedo. Este evento na Praza da Catedral será gratuíto e contará, entre outros, co grupo irlandés Lunasa e o bretón Gwendal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies