Inicio Vigo e área O Porriño A Xunta e a Deputación de Pontevedra poñen en valor o Camiño...

A Xunta e a Deputación de Pontevedra poñen en valor o Camiño Portugués en Porriño coa intervención artística de ‘Camiño a Dentro’

Porriño acolleu hoxe unha das dez accións artísticas que se planificaron en distintos concellos polos que pasan o Camiño Portugués e o Camiño pola Costa. A alcaldesa do Porriño, Eva García recibiu a Carmela Silva, presidenta da Deputación e a deputada provincial Victoria Alonso e a Anxo Lourenzo, director xeral de Políticas Culturais, en representación da Xunta de Galicia que asistiron á actividade celebrada a mediodía na praza do ConcelloEsta iniciativa cultural ten por obxectivo poñer en valor o camiño Portugués desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar o encontro coa comunidade local e os peregrinos

Porriño acolleu hoxe unha das dez accións artísticas que se planificaron en distintos concellos polos que pasan o Camiño Portugués e o Camiño pola Costa. Na presentación estiveron presentes a alcaldesa do Porriño, Eva García; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; a deputada provincial Victoria Alonso; Anxo Lourenzo, director xeral de Políticas Culturais, en representación da Xunta de Galicia e Paula Cabaleiro, responsable da iniciativa.

A Xunta e a Deputación de Pontevedra poñen en valor o Camiño Portugués en Porriño coa intervención artística de ‘Camiño a Dentro’

A intervención do Porriño, na praza Antono Palacios, é a cuarta desenvolvida ata o momento, e está asinada por Dúas, un grupo de percusión formado pola ourensá Marta Figueirido e a sadense Sabela Caridad. A obra, baixo o título Nos pasos é unha peza inédita que estivo acompañada pola vídeo-creación da artista visual Bea Seijas.

A intervención alternou momentos de calma en referencia á espiritualidade do Camiño, ás sensacións plenas como experiencia de peregrinaxe, fronte a outros de caos, en relación ao ritmo de vida imposto polas cidades e o estrés. As artistas deseñaron unha montaxe na que o obxectivo principal é a interacción co público e a resposta que desperta a peza.

Todas as acción artísticas que se levan a cabo baixo Camiño a Dentro destacan pola súa orixinalidade e as múltiples linguaxes que forman parte delas, xa que ademais da acción musical de hoxe, a iniciativa acolle escultura, poesía, teatro, pintura, cine, música, fotografía ou ilustración. As intervencións artísticas continuarán mañá en Oia, o día 16 na Garda, o 17 en Pontevedra, o 18 en Nigrán, o 19 en Tui e rematarán o 25 de outubro en Soutomaior.

Camiño a Dentro inclúese en O teu Xacobeo, o programa posto en marcha pola Xunta para promover actividades de dinamización na antesala do Ano Santo en toda a Comunidade. No caso da provincia de Pontevedra estanse a desenvolver ao abeiro deste programa 83 proxectos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies