spot_img
InicioVal MiñorGondomarAs Kaneri traen a Galicia a prata do Campionato de España de...

As Kaneri traen a Galicia a prata do Campionato de España de Show

 As Kaneri traen a prata do Campionato de España de Show a GaliciaEsta fin de semana tivo lugar o XX Campionato de España de Patinaxe Artística de grupos show, no que o Club Patinaxe Artística Gondomar conseguiu subir ao podio como subcampións.

Revista COUSAS DE Nº13

Nesta ocasión os grupos reuníronse en Cataluña, concretamente no pavillón Olímpico de Reus, no que se puido gozar dunha fin de semana de altísimo nivel de patinaxe artística.

O CPA Gondomar saíu décimo quinto co seu último programa titulado As KANERI, defendeuno denotando gran destreza, velocidade e sincronización nos seus movementos en pista, integrando dificultade técnica e unha forza posta en escena que non deixou indiferente ao público, que ademais contaba con elementos de lume, conseguindo unha maior expectación alcanzando as gondomareñas a puntuación de 93,2 e levándose así a Galicia a medalla de prata.

As Kaneri traen a prata do Campionato de España de Show a Galicia

O artífice das Kaneri, David Figueroa, xunto á preparadora do Club María Nombela, acompañaron e abrazaron en toda a xornada ao grupo formado por Javier Martínez, Denís Alonso, Noa Álvarez, Xiana Fernández, Iria Boullosa, Alba Franco, Nerea Estévez, Andrea López e Nadia Iglesias conseguiron ser subcampioas do XX Campionato de España de grupos pequenos de Show.

- Publicidade -spot_img