Inicio Galicia As Illas Cíes acollerán o 9 de maio o Xeolodía, unha actividade...

As Illas Cíes acollerán o 9 de maio o Xeolodía, unha actividade didáctica para dar a coñecer o patrimonio xeolóxico aos cidadáns

Cies

O arquipélago das Illas Cíes acollerá o vindeiro día 9 o Xeolodía, unha iniciativa que pretende achegar á sociedade tanto a xeoloxía como a profesión de xeólogo.

Trátase dunha actividade gratuíta denominada xeolodía que se celebrará en todas as provincias españolas consiste nunha excursión de campo guiada por xeólogos aberta a todo tipo de público. Realizaranse en lugares interesantes pola súa contorna xeolóxica e proporciónase unha información rigorosa a nivel divulgativo.

Trátase dunha actividade gratuíta que se celebrará en todas as provincias consiste nunha excursión guiada por xeólogos aberta a todo tipo de público

Durante a excursión os participantes poderán ver o territorio con ollos xeolóxicos e coñecer algúns aspectos de como funciona a Terra sobre a que vivimos e de cuxos recursos naturais dependemos totalmente. É tamén unha maneira de sensibilizar á poboación sobre a importancia e necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico. A nivel nacional, os xeolodías están organizados pola Sociedade Xeolóxica de España.

Na provincia de Pontevedra os organizadores do xeolodía son Irene Alejo e José Bienvenido Diez Ferrer, profesores titulares do Departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Para participar no xeolodía, que terá lugar o día 9 de maio, é preciso inscribirse previamente entre os días 4 e 7 de maio no teléfono 986813482 (de 10 a 14 horas) ou a través da web www.oceanografosgalicia.org

Divulgación da xeoloxía
O xeolodía é unha iniciaciativa de divulgación da xeoloxía con 10 anos de percorrido, xa que se organizou por primeira vez no ano 2005, no parque xeolóxico de Alaiga (Teruel). O seu obxectivo é divulgar o coñecemento a través de excursións de campo.

En total, a fin de semana do 9 e 10 de maio levaranse a cabo 54 excursións guiadas, unha excursión en cada provincia, agás nos arquipélagos balear e canario, onde se celebrarán varias excursións en diferentes illas. Como novidade este ano, en recoñecemento do seu interese divulgativo e impacto social, Xeolodía 15 foi seleccionada como unha das actividades que promove a Comisión Europea dentro da Semana Verde (Green Week 2015).

Na provincia de Pontevedra os organizadores do xeolodía son Irene Alejo e José Bienvenido Diez Ferrer, profesores titulares da Universidade de Vigo, en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

En Galicia ademais da excursión ás illas do parque nacional baixo o lema “Illas Cíes: un tesouro xeolóxico por descubrir”, celebraranse actividades nas outras tres provincias. Na Coruña terá lugar no concello de Valdoviño, baixo o lema de “Descubrindo os tesouros da costa de Valdoviño” ; na provincia de Lugo a excursión celebrarase no concello de Quiroga, baixo o nome “Percorrido xeolóxico paleontolóxico pola serra do Courel; e por último, na provincia de Ourense, terán lugar a “Ruta xeolóxica polo canón do río Mao”, en Parada do Sil.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
284SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies