spot_img
InicioGaliciaHomenaxe a varios cooperantes pola súa entrega e dedicación no apoio ao...

Homenaxe a varios cooperantes pola súa entrega e dedicación no apoio ao pobo saharauí

Homenaxe-varios-cooperantes-pola-súa-entrega-dedicación-apoio-pobo-saharauíO acto tivo lugar no Instituto Feiral de Vigo e estivo organizado pola Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e a Delegación Saharauí en Galicia. Rendéuselle homenaxe a cinco persoas pola súa entrega común pola dignidade e a liberdade deste pobo, non só desde Galicia e España senón tamén nos propios territorios ocupados e nos campamentos de refuxiados.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou onte en Vigo na homenaxe ‘40 anos de loita pola dignidade’, no que aproveitou para renovar o “compromiso inequívoco” do Goberno galego co pobo saharauí, un compromiso que se vén demostrando desde hai xa dez anos a través do envío continuado de axuda humanitaria aos campamentos de refuxiados.

Entregáronse recoñecementos a Embarca Brahim Bumajruta, dos Campamentos de Refuxiados Saharauís; Sidi Mohamed Dadach, dos Territorios Ocupados; Fernando Peraita Lechosa, de Artifariti – Encontros Internacionais de Arte e Dereitos Humanos no Sáhara Occidental; Carmelo Ramírez Marrero, da Federación Estatal de Institucións Solidarias co Sáhara; e José Taboada Valdés, presidente en Galicia da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara.

Rueda lembrou que hai apenas uns meses tivo ocasión de visitar os campamentos de refuxiados saharauís en Tinduf, Arxelia, onde comprobou de primeira man os proxectos que está a desenvolver a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) en materia sanitaria e que se prevé que poidan beneficiar a unhas 6.000 persoas.

O obxectivo destas actuacións é contribuír a mellorar as condicións de vida da poboación refuxiada saharauí, con especial atención aos nenos e nenas, mulleres embarazadas e persoas maiores. A poboación saharauí é considerada como “prioritaria” dentro dos distintos plans directores da Cooperación Galega e por iso desde 2006 a Xunta vén colaborando coa SOGAPS financiando diferentes proxectos sanitarios e alimenticios na zona.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.