Inicio Pontevedra As brigadas da Deputación intervinieron en tres estradas cortadas ao tráfico e...

As brigadas da Deputación intervinieron en tres estradas cortadas ao tráfico e noutras once que presentaban diversas incidencias

As brigadas da Deputación de Pontevedra interviron en tres estradas cortadas e noutras once con diversas incidencias, con motivo do temporal acaecido o xoves na provincia.

As brigadas da Deputación de Pontevedra interviron na EP Gondomar-Chaín-Morgadáns, cortada por unha inundación que afectou tamén a unha carpintería próximaAs principais incidencias tiveron lugar na estrada Tebra-Cristelos, en Tomiño, cortada a consecuencia de que a auga caída levantou o asfalto; na EP Gondomar-Chaín-Morgadáns, cortada por unha inundación que afectou tamén a unha carpintería próxima; e na estrada Calvario-A Garrida, en Vigo, que tivo que ser cortada ao tráfico por mor da caída dun muro.

Incidencias noutras vías

Outras incidencias que obrigaron á intervención dos equipos e da maquinaria do Parque de Maquinaria da Deputación e dos seus subparques de Lalín, Codeseda, Ponteareas e Porriño, tiveron lugar no lugar de Viliquín (Meaño) por unha cuneta taponada por caída de pedras; na estrada Gatomorto-As Augas, en Pontevedra, por desprendementos de terra e pedras, e na vía entre Bao e Campañó por unha bolsa de auga nunha curva; na vía Riofrío-Borbén, por entrada de auga en vivendas; na EP Arcade-Amoedo, por desprendementos sobre a calzada; na EP Sabarís-Belesar, por caída dun muro; e na vía Amoedo-Os Valos por levantamento das tapas do alcantarillado.

A Deputación tén un retén de guardia e o operativo de personal e medios dos seus parques alerta, con camións, materiais dispersantes, desbrozadoras, mantemento, tractores e grúas, etc., e tamén un equipo de Motobombas en caso de necesidade de achicar auga.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies