O Concello de Gondomar celebra o funcionamento do muro-bancada instalado enfronte do Centro de Desenvolvemento Local que onte impediu o paso da auga do río Miñor, desbordado a causa do temporal.
O caudal do río alagou as áreas próximas a este sen afectar, no entanto, ao CDL, que desde a súa construción nos anos 70, viuse afectado as inundacións durante os invernos debido á situación xeográfica de baixa altura do edificio. De non existir o muro de contención o aumento do caudal do río alagase o edificio alcanzando os 60 cm de altura.
O muro-bancada, cuxas obras finalizaron a primavera deste ano, cumpre así co labor de protección dos edificios fronte ás inundacións que, durante máis de 40 anos, alcanzaron o edificio municipal.
Desde o goberno municipal búscase así minimizar o impacto das crecidas mediante obras que permitan o uso público adecuado
das instalacións da contorna do río. Así, o paseo fluvial finalizado en decembro do ano pasado e que as choivas e riadas esnaquizaron afectando os noiros, non sufriu ningún dano na xornada de onte grazas ás obras de reparación levadas a cabo polo Concello e que evitaron a vertedura de terras á canle do río.



