Inicio Vigo e área Redondela As Bibliotecas Municipais de Redondela reinician a súa actividade presencial

As Bibliotecas Municipais de Redondela reinician a súa actividade presencial

Libreiros de Redondela colaboran no Proxecto de Literaturas Irmás/Irmãs
Biblioteca de Chapela

Os centros de Redondela e Chapela abrirán de 09:00 a 14:00 h. de luns a venres con servizo de préstamo e devolución.

As Bibliotecas Municipais de Redondela abren de novo as súas portas ao público este mércores, 20 de maio. Farano a través dun protocolo específico que establece pautas e medidas de protección e hixiene,co obxectivo de garantir a seguridade sanitaria para o persoal e usuarios e usuarias.

Os centros de Redondela e mais de Chapela, abrirán de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, para o servizo de préstamo e devolución de documentos.

As Bibliotecas Municipais de Redondela reinician a súa actividade presencialAs persoas que o desexen poderán realizar vía correo electrónico ( bibliotecaredondela@redondela.gal bliotecachapela@redondela.gal ) a petición previa dos documentos, e indicaráselles o día en que poden recollelos. Desta maneira os fondos solicitados estarán preparados cando os usuarios accedan á biblioteca.

Non haberá acceso directo á colección, polo que as obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da biblioteca. Ao ser devoltas, as obras gardarán unha corentena de 14 días, de maneira que poda garantirse que non estean infectadas cando volvan ser prestadas.

En canto ao aforo, soamente poderá permanecer no interior das salas unha persoa . No caso dos  menores de 14 anos só terán acceso cando estean acompañados por un adulto responsable.

Ante esta nova etapa da súa actividade,  as bibliotecas municipais de Redondela queren incidir na seguridade das mesmas  polo que comezarán a utilizar nas súas redes sociais o cancelo #bibliotecaslugaresseguros

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies