Inicio Baixo Miño As Bibliotecas Escolares de Tui celebran on line a XI edición de...

As Bibliotecas Escolares de Tui celebran on line a XI edición de ‘Tui Le’

As Bibliotecas Escolares de Tui celebran on line a XI edición de 'Tui Le'“Tui Le” cambia este ano de escenario e desenvólvese en internet  e nas redes sociais. As bibliotecas escolares do concello de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tanto de Tui como de Valença tiñan previsto celebrar mañá venres, 24 de abril, a undécima edición de “Tui Le”, a festa anual que arredor do Día do Libro, na Praza de San Fernando reunindo a máis dun milleiro de rapaces para festexar o libro e a lectura.

Neste ano no que a pandemia do Covid19 impide a súa realización na praza o encontro realizarase a través dos medios online xa que as bibliotecas dos centros educativos de Tui non queren deixar pasar esta data e suman ao alumando e á cidadanía á festa.

As bibliotecas do IES San Paio, dos CEIP nº 1 e nº 2 de Tui, os CEIP de Rebordáns e Pazos de Reis xunto ao Colexio Maristas realizaron os seus vídeos para compartir con todos los lectores tudenses celebrando asi este “Tui Le”. Vídeo que esta tarde estarán accesibles nas redes sociais do Concello de Tui.

Por outra banda cómpre lembrar que a Biblioteca Municipal mantén a distribución de libros de balde a todos os lectores interesados. Dispuxéronse carros con libros na Praza de Abastos tudense para que aqueles interesados poidan coller un exemplar e gozar posteriormente coa súa lectura na casa. Os promotores solicitan aos interesados que garden as distancias de seguridade, usen luvas e non manipulen os libros para garantir unhas medidas hixiénicas mínimas. Estes carros quedarán a disposición dos interesados ata esgotar as existencias. Esta actividade é posible gracias á colaboración da concellería de Comercio e Mercado.

Con estas dúas propostas a Biblioteca Municipal e a concellería de Cultura do Concello de Tui procuran ideas para continuar traballando a prol do libro e a lectura dende o convencemento de que é unha ferramenta básica para o desenvolvemento persoal e social.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies